Val tan doce e sombrío

O pasado luns 22 de xuño presentamos na libraría Paz o poemario de Francisco Xosé Fernández Naval titulado “Val tan doce e sombrío”, editado pola editorial Kalandraka.

O autor estivo acompañado polo director da colección Tambo, Luís Rei e pola poeta Míriam Ferradáns.

Con este acto pechamos a axenda desta tempada e facemos unha pausa nestes meses de verán. 

Vémonos á volta!

Síguenos nas nosas redes: