Visita cultural a Porto (Fundación Serralves)
Visita cultural a Porto (Fundación Serralves) Data Saída9:00 h Lugar Chegada21:30 h Prezo Ateneo Viaxeiro O Ateneo de Pontevedra organiza unha visita cultural co seguinte programa: 10:00 (hora portuguesa) Chegada á Fundación Serralves → Visita guiada ás exposicións: Frank Gehry e Jenny Holzer 13:30 (hora portuguesa) Xantar (buffet, no restaurante da Fundación) → Paseo polos xardíns (onde hai unha exposición de esculturas) e percorrido polo paseo elevado. 16:30 (hora portuguesa) Saída cara Ponte de Lima, con tempo libre para pasear ou tomar un café. 19.00 (hora portuguesa) Saída para Pontevedra. 21:30 (hora española) Chegada a Pontevedra. N. B. Buscaríamos alternativa a Ponte de Lima, no caso de mal tempo. Inscricións As persoas que desexen inscribirse, poden facelo a través do correo electrónico info@ateneodepontevedra.gal ata o xoves 15 de outubro, indicando nome, apelidos, DNI, data de nacemento (para o seguro) e teléfono de contacto. Unha vez recibida e procesada a solicitude enviaremos un correo de confirmación da inscrición.
Romaría homenaxe a Otero Pedrayo
Romaría homenaxe a Otero Pedrayo Romaría a Trasalba Data Saída09:00 h (praza de Galicia) DestinoTrasalba, Ourense Prezo No Ano Otero Pedrayo, ao facer 100 da publicación da súa Xeografía de Galicia e 50 do seu pasamento, o noso Ateneo viaxeiro súmase á Romaría que con tal motivo organiza a Federación de Ateneos de Galicia, en Trasalba (Ourense). Programa: 11.00 h: Recepción na sede da Fundación Otero Pedrayo, por directivos da mesma. Roteiro por Trasalba. Visita guiada ao Pazo de Trasalba (Casa Museo Otero Pedrayo) Construído no século XVIII, destaca pola súa arquitectura tradicional, rodeado dunha paisaxe rural idílica, con xardíns, bosques e vistas ao val do río Miño. Residencia de Otero Pedrayo, aquí desenvolveu gran parte da súa obra, sendo o lugar onde escribiu algúns dos seus libros máis importantes. Hoxe en día, alberga o Museo dedicado á vida e obra do autor, ofrecendo a posibilidade de mergullarse no universo do escritor, cunha coidada exposición de obxectos persoais, manuscritos, mobiliario orixinal e recordos familiares. Ademais, consérvanse intactos os espazos onde traballaba, como a súa biblioteca e o seu despacho. Proxección do documental: “Otero Pedrayo, dereito á paisaxe”. Concerto de Manoele de Felisa (estrea do seu disco baseado en poemas de Otero Pedrayo). Xantar, servido pola Pulpería Tinoco de Celanova (mesas e carpa). → Menú: entrantes, empanada, queixo e xamón; primeiro, media ración de polbo por persoa; segundo, carne ao caldeiro con cachelos; sobremesa, bica e torta de mazá. Bebidas: viño branco, tinto, auga, refrescos. Café e chupitos. Recital poético a Otero Pedrayo, por parte dos Ateneos. Actuación da Banda de Música Tradicional de Amoeiro. 19.00 h: Saída das persoas participantes cara aos lugares de orixe. Inscricións As persoas que desexen inscribirse, poden facelo a través do correo electrónico info@ateneodepontevedra.gal ata o venres 5 de xuño, indicando nome, apelidos, DNI, data de nacemento (para o seguro) e teléfono de contacto. Unha vez recibida e procesada a solicitude enviaremos un correo de confirmación da inscrición. Organiza Federación de Ateneos de Galicia volver á axenda
Visita cultural á Coruña

Visita cultural á Coruña Visita cultural á Coruña Data Hora[hora_evento_24h] Lugar Interveñen Prezo O Ateneo de Pontevedra organiza unha visita cultural co seguinte cronograma: 11:00 h: Visita guiada á exposición de Annie Leibovitz, Wonderland na Fundación MOP Wonderland, a primeira gran exposición da fotografía de moda de Annie Leibovitz, presenta o seu cegador universo fotográfico en toda a súa amplitude, mergullándonos na obra da artista a través de catro secciones diferenciadas que nunca antes presentáronse de forma conxunta nunha única mostra. → duración: 60 minutos → visita guiada: en dous grupos de maneira simultánea 12:30 h: Visita á exposición Fernando Álvarez de Sotomayor (1875-1960) na Fundación Barrié Exposición monográfica que reúne ao redor de 75 obras procedentes de institucións e coleccións privadas de España, Chile, Italia e Francia e coa que se conmemora o 150 aniversario do nacemento do artista, nacido en Ferrol o 25 de setembro de 1875. 14:30 h: Xantar no Leirón Restaurante → menú: cocido (o menú é único salvo casos excepcionais como intolerancias e alerxias) 16:30 h: Saída cara Santiago, Cidade da Cultura. Visita guiada á exposición Francisco Asorey, unha recuperación necesaria A exposición afonda desde unha óptica contemporánea no complexo mundo creativo do seguramente máis destacado escultor de Galicia e un dos renovadores da arte escultórica española do século XX. volver á axenda
Visita cultural a Braga

Visita cultural a Braga Visita cultural a Braga Data Saída[hora_evento_24h] Lugar Chegada21:00 h Prezo Ateneo Viaxeiro O Ateneo de Pontevedra organiza unha visita cultural co seguinte programa: → Visitas: Basílica do Bom Xesús do Monte. Museo Nogueira da Silva Librería Centésima Página. 58° Feira Internacional de agricultura, pecuaria e alimentación. → Xantar: Restaurante Migaitas Forum. → Tempo libre para pasear devagar pola “Cidade dos Arcebispos”, tamén coñecida como a “Roma portuguesa”, pola súa grande importancia histórico-relixiosa. Inscricións As persoas que desexen inscribirse, poden facelo a través do correo electrónico info@ateneodepontevedra.gal ata o mércores 25 de marzo, indicando nome, apelidos, DNI, data de nacemento (para o seguro) e teléfono de contacto. Unha vez recibida e procesada a solicitude enviaremos un correo de confirmación da inscrición.