Relatorio: “Habitar e imaxinar a cidade: espazo urbano e construción cultural” de María López Sández
Habitar e imaxinar a cidade: espazo urbano e construción cultural Data Hora19:00 h Lugar Intervén Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza o relatorio “Habitar e imaxinar a cidade: espazo urbano e construción cultural“ da escritora María López Sández dentro do ciclo Seis décadas do noso Ateneo. O acto terá lugar o vindeiro mércores 25 de novembro ás 19:00 horas no Paraninfo do IES Valle-Inclán. A entrada é libre ata completar capacidade. O relatorio As cidades son lugares de encontro, intercambio e creación, pero tamén espazos de memoria, conflito e pertenza. A súa vida cultural nace das relacións entre persoas, institucións e lugares, e dos relatos e imaxes que lles outorgan significado. O relatorio explorará esa relación de dobre dirección: como a cidade contribúe á construción da cultura e como a cultura transforma a nosa maneira de entender e habitar a cidade. A partir dunha reflexión teórica sobre o espazo urbano como realidade social e simbólica, abordarase o papel da literatura na configuración dos imaxinarios colectivos. Prestarase especial atención ao caso galego, ás tensións entre o rural e o urbano e á asociación da cidade coas aspiracións de modernidade. O percorrido deterase en Pontevedra, coa evocación literaria da cidade en Xoán Manuel Pintos como punto de partida para pensar os vínculos entre lingua, memoria e espazo compartido. Proponse, así, unha lectura da cidade como creación colectiva, aberta á pluralidade de voces que a habitan e a narran. María López Sández É escritora, profesora de Didáctica da Lingua e da Literatura na Universidade de Santiago de Compostela, académica de número da Real Academia Galega e directora da revista Grial. Doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada, unha das súas principais liñas de investigación é a relación entre literatura, paisaxe e identidade, con especial atención á construción dos imaxinarios rurais e urbanos. É autora de Paisaxe e nación: a creación discursiva do territorio, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2007, e de diversos estudos sobre a representación literaria do espazo. Dedicou tamén a esta temática o seu discurso de ingreso na RAG, Onde abrolla o manancial: a paisaxe na raíz do ensaísmo galego. Sobre o ciclo 60 anos do noso Ateneo O 18 de novembro de 1965 o Ateneo de Pontevedra celebraba a súa sesión inaugural coa presenza do escritor romanés Vintila Horia. Nacía así o primeiro Ateneo de Galicia coa vocación de fomentar diferentes actividades culturais. Sesenta anos despois, o Ateneo organiza unha serie de actividades para conmemorar o seu inicio. Colabora IES Valle-Inclán volver á axenda
Relatorio: “Ateneo de Pontevedra. Seis décadas de pensamento e compromiso” de Ramón Rozas
Ateneo de Pontevedra Seis décadas de pensamento e compromiso Data Hora20:00 h Lugar (rúa Padre Amoedo, 1) Intervén Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza o relatorio “Ateneo de Pontevedra. Seis décadas de pensamento e compromiso” do xornalista cultural Ramón Rozas, dentro do ciclo Seis décadas do noso Ateneo. O acto terá lugar o vindeiro mércores 18 de novembro ás 20:00 horas no Arquivo Provincial de Pontevedra (rúa Padre Amoedo, 1). A entrada é libre ata completar capacidade. Ateneo de Pontevedra. Seis décadas de pensamento e compromiso O xornalista cultural de Diario de Pontevedra e secretario do Ateneo, Ramón Rozas, presenta o relatorio titulado ‘Ateneo de Pontevedra. Seis décadas de pensamento e compromiso‘ onde se percorre o vizoso tempo de vida do Ateneo de Pontevedra dende a constitución da súa primeira Xunta Directiva, un 18 de novembro de 1966. Unha pequena palestra na que o xornalista realizará un itinerario pola historia do Ateneo pontevedrés a través do tempo e no que numerosos veciños desta vila e convidados pasaron a formar parte dunha historia que é a do compromiso coa cultura e de promover o diálogo na nosa sociedade. O acto servirá tamén como presentación do libro do xornalista, de próxima publicación e que leva o mesmo título do relatorio. Ramón Rozas Licenciado en Historia da Arte por a USC, compaxina a súa actividade profesional en Diario de Pontevedra co comisariado artístico e a participación en catálogos e publicacións culturais. É tamén membro do Consello da Cultura Galega na sección de creación e artes visuais contemporáneas. No 2026 formou parte do xurado do Premio Nacional de Narrativa. Sobre o ciclo 60 anos do noso Ateneo O 18 de novembro de 1965 o Ateneo de Pontevedra celebraba a súa sesión inaugural coa presenza do escritor romanés Vintila Horia. Nacía así o primeiro Ateneo de Galicia coa vocación de fomentar diferentes actividades culturais. Sesenta anos despois, o Ateneo organiza unha serie de actividades para conmemorar o seu inicio. Colabora Deputación de Pontevedra volver á axenda
Gaza, un xenocidio televisado
Gaza, un xenocidio televisado Data Hora19:00 h Lugar Intervén Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza o relatorio Gaza, un xenocidio televisado, do médico Mohamed Safa. O acto terá lugar o vindeiro mércores 4 de novembro ás 19:00 horas no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (rúa Benito Corbal). A entrada é libre ata completar capacidade. Gaza, un xenocidio televisado Co título do seu libro máis recente (deste 2026, con edición tanto en galego coma en castelán), o relatorio centrarao Safa na devastación de Gaza, na súa transmisión en directo e nas responsabilidades políticas, xurídicas e morais da comunidade internacional ante esta traxedia. Con anterioridade, Safa publicou os ensaios Palestina: grito por la libertad (Ediciós do Castro, 2003), La revolución árabe: democracia, nacionalismo y religión (Hoja de Lata, 2017) e mais La segunda Nakba: el proceso de paz (Utopía Libros, 2021). Mohamed Safa Naceu en Cisxordania, territorio palestino ocupado polo Estado de Israel desde 1967, e é médico oftalmólogo de profesión. Ao longo da súa traxectoria impulsou numerosas causas en defensa do pobo palestino e de refutación das narrativas impostas por sectores sionistas e pola ultradereita internacional. Colabora Xunta de Galicia volver á axenda
Relatorio “A tradición narrativa, onte e hoxe”
A tradición narrativa, onte e hoxe Data Hora19:30 h Lugar Intervén Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza xunto co Ateneo Atlántico de Vigo o relatorio titulado “A tradición narrativa, onte e hoxe” da filóloga Camiño Noia. O acto terá lugar o vindeiro luns 26 de outubro ás 19:30 horas na Biblioteca do IES Valle-Inclán. A entrada é libre ata completar capacidade. O relatorio Falaranos da narrativa de tradición oral. Dos valores e usos nunha sociedade comunitaria que vive do traballo manual e que precisa da maxia do sobrenatural. Un mundo perdido e descoñecido hoxe. Na actualidade a maxia está nos aparellos e chámase IA. Barruntarase sobre a necesidade de volver, en certa maneira, á transmisión dos valores da oralidade. Camiño Noia Camiño Noia, catedrática de Lingua e Literatura galegas na universidade de Vigo, foi decana da súa Facultade de Filoloxía. En 1989 inaugurou a Cátedra de Estudos Galegos en Nova York, e tamén foi profesora convidada na Facultade de Letras da universidade de Buenos Aires. Como directora do Departamento de Lingua e Literatura Galegas de Universidade de Vigo actuou de madriña nos doutoramentos honoris causa de Xosé Filgueira Valverde e Xosé Luís Méndez Ferrín. Colabora IES Valle-Inclán volver á axenda
Relatorio: “O problema da vivenda”
O problema da vivenda Relatorio de Javier Burón Data Hora19:00 h Lugar Intervén Acceso O Ateneo de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra organizan o relatorio O problema da vivenda do avogado Javier Burón dentro do ciclo A vivenda, un dereito ou un imposible? O acto terá lugar o vindeiro mércores 7 de outubro ás 19:00 horas no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (rúa Benito Corbal). A entrada é libre ata completar capacidade. Javier Burón Licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto, e Máster en Asesoría Fiscal e mais en Business Administration. Foi consultor en políticas e servizos públicos e avogado especializado en dereito público (Cuatrecasas Gonçalves Pereira), e mais viceconselleiro de Vivenda do Goberno Vasco e xerente de Vivenda no concello de Barcelona. Actualmente é director xerente de NASUVINSA, empresa pública de solo industrial, vivenda e cohesión territorial do Goberno de Navarra. É autor do libro El problema de la vivienda. Cómo desactivar la bomba de relojería que amenaza con colapsar España. Sobre o ciclo A vivenda, un dereito ou un imposible? O artigo 47 da Constitución recoñece o dereito fundamental de todos os españois a desfrutar dunha vivenda digna e axeitada, obrigando os poderes públicos a promover as condicións necesarias para facelo efectivo, regular o uso do solo para evitar especulacións e asegurar a participación comunitaria nas plusvalías urbanísticas. Con todo, os prezos da compra e do aluguer semellan non ter freo e as medidas aprobadas polo Goberno e as comunidades autónomas non acaban de ter un impacto que permita albiscar unha mellora. Así as cousas, as enquisas dos últimos tempos, non só en Galicia e no resto do Estado, senón tamén en gran parte de Europa, revelan que a vivenda é a primeira preocupación para a maioría dos cidadáns e das familias. É o momento de preguntarse: a vivenda, un dereito ou un imposible? Colabora Deputación de Pontevedra volver á axenda
“Transición e Estatuto de Autonomía. Tradicións e esixencias constitucionais” por Francisco Caamaño
Transición e Estatuto de Autonomía Tradicións e esixencias constitucionais Relatorio de Francisco Caamaño Data Hora19:00 h Lugar Intervén Acceso O Ateneo de Pontevedra e o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra organizan o relatorio Transición e Estatuto de Autonomía. Tradicións e esixencias constitucionais do xurista Francisco Caamaño dentro do ciclo 90 anos do Estatuto. O acto terá lugar o vindeiro mércores 10 de xuño ás 19:00 horas no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. A entrada é libre ata completar capacidade. Francisco Caamaño Ex-ministro de Xustiza. Xurista. Catedrático de Dereito Constitucional da Universidade da Coruña. Autor de “Democracia federal. Apuntes sobre España“, e de “O autogoberno de Galicia. Fundamentos e institucións”. Sobre o ciclo 90 anos do Estatuto En febreiro de 1936, o resultado das eleccións xerais en España, co triunfo da Fronte Popular, abriu a posibilidade de someter a plebiscito o Estatuto de Autonomía de Galicia que estivera redactándose case desde a chegada da República. Finalmente fixouse unha data, o 28 de xuño de 1936, e a aprobación de xeito masivo e mais o que veu despois é xa parte dunha historia do país que traemos a debate agora, noventa anos despois de que a sublevación militar e a vitoria do bando franquista na guerra civil anulase a entrada en vigor daquel Estatuto. Colabora Deputación de Pontevedra volver á axenda
“Estatuto do 36. Referente político e ´lugar de memoria´” por Ramón Villares
Estatuto do 36. Referente político e “lugar de memoria”. Relatorio de Ramón Villares Data Hora19:00 h Lugar Intervén Acceso O Ateneo de Pontevedra e o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra organizan o relatorio Estatuto do 36. Referente político e “lugar de memoria” do historiador Ramón Villares dentro do ciclo 90 anos do Estatuto. O acto terá lugar o vindeiro mércores 3 de xuño ás 19:00 horas no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. A entrada é libre ata completar capacidade. Ramón Villares Historiador. Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela. Autor de “Historia de Galicia” e de “Figuras da nación”. Sobre o ciclo 90 anos do Estatuto En febreiro de 1936, o resultado das eleccións xerais en España, co triunfo da Fronte Popular, abriu a posibilidade de someter a plebiscito o Estatuto de Autonomía de Galicia que estivera redactándose case desde a chegada da República. Finalmente fixouse unha data, o 28 de xuño de 1936, e a aprobación de xeito masivo e mais o que veu despois é xa parte dunha historia do país que traemos a debate agora, noventa anos despois de que a sublevación militar e a vitoria do bando franquista na guerra civil anulase a entrada en vigor daquel Estatuto. Colabora Deputación de Pontevedra volver á axenda