Presentación do libro “O Consello de Galiza. Política galega no exilio” de Ramón Villares
O Consello de Galiza. Política galega no exilio Data Hora20:00 h Lugar Intervén Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación do libro “O Consello de Galiza. Política galega no exilio” de Ramón Villares. O acto, no que intervirán Xosé Fortes Bouzán, Susana Regueiro e Ramón Villares, terá lugar o vindeiro venres 13 de novembro ás 20:00 horas na área acristalada do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. A entrada é libre ata completar capacidade. O Consello de Galiza. Política galega no exilio Trata do Consello de Galiza, fundado no exilio de Buenos Aires e Montevideo en novembro de 1944 e primeira institucionalización do autonomismo galego, apoiada na vontade política expresada no plebiscito estatutario do 28 de xuño de 1936. O autor traza neste ensaio un relato que atende á historia interna de Galicia, pero que se esforza por lle dar un enfoque comparado, tal como a propia temática esixe e, ao tempo, analizar o esforzo dos exiliados para colocar a causa política galega nunha dimensión internacional. Ramón Villares Foi presidente do Consello da Cultura Galega (2006-2018), decano da Facultade de Xeografía e Historia (1986-1990) e reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1990-1994), e é un dos historiadores galegos con maior prestixio. Na súa obra destacan os títulos Foros, frades e fidalgos (1982, Premio da Crítica Galicia), Desamortización e réxime de propiedade (1994), ou Figuras da nación (1997), ademais de A Historia (1984) e Historia de Galicia (2004, 2016), onde ofrece unha visión sintética das grandes etapas da historia galega. Colabora Museo de Pontevedra volver á axenda
Presentación do libro “Benito Soto, terror en la mar” de Juan Campos Calvo-Sotelo
Presentación do libro “Benito Soto, terror en la mar” Data Hora19:00 LugarLiceo Casino Interveñen Prezo O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación do libro “Benito Soto, terror en la mar” de Juan Campos Calvo-Sotelo, editado por Cartamar Ediciones. O acto, no que intervirán Manuel García Lastra e Juan Campos Calvo-Sotelo, terá lugar o vindeiro mércores 30 de setembro ás 19:00 horas no Liceo Casino. A entrada é libre ata completar capacidade. Resumo Benito Soto, terror en la mar, subtitulado “Leyenda y realidad del más famoso pirata gallego”, é un relato apoiado en documentación histórica que cuestiona versións repetidas durante décadas, e que achega datos inéditos sobre unha figura convertida adoito en personaxe romántico, antes ca en protagonista dunha sucesión de crimes. Juan Campos Calvo-Sotelo Juan Campos naceu en Cuntis (1948), aínda que se criou en Madrid, onde estudou filosofía. Tamén estudou psicoloxía en Dublín e psicoterapia en Londres, e traballou como profesor de idiomas, intérprete, chofer, educador infantil e psicoterapeuta. Colabora Liceo Casino volver á axenda
Data Reservada

Data reservada Data Hora19:00 h Lugar Acceso Máis adiante ampliaremos a información volver á axenda
Presentación do poemario “Val tan doce e sombrío” de Francisco X. Fernández Naval
Val tan doce e sombrío Presentación do poemario de Francisco X. Fernández Naval Data Hora19:00 h Lugar Interveñen Acceso O Ateneo de Pontevedra e a editorial Kalandraka organizan a presentación do poemario “Val tan doce e sombrío” de Francisco X. Fernández Naval, editado pola editorial Kalandraka. O acto, no que intervirán a poeta Míriam Ferradáns, o director da colección Tambo, Luís Rei, e o autor, Francisco X. Fernández Naval, terá lugar o vindeiro luns 22 de xuño ás 19:00 horas na Libraría Paz. A entrada é libre ata completar capacidade. Resumo Este é un poemario absolutamente a favor da lembranza conmovida, nado por e para unha nai que cegou dúas veces; unha polo glaucoma, e a outra polo cruel esquecemento. Mais, tamén, unha nai que nunca perdeu nin a tenrura nin a luz. Francisco Xosé Fernández Naval Escritor de moitos rexistros: poeta, narrador, ensaísta. É autor de máis de trinta títulos, polos que recibiu premios como o Xerais, o Cidade de Ourense, ou o Irmandade do Libro. Colaboran Editorial Kalandraka e Libraría Paz volver á axenda
Presentación do libro “Soño dunha sombra” de Xosé Cobas
Soño dunha sombra Presentación do libro de Xosé Cobas Data Hora19:00 h Lugar Interveñen Acceso O Ateneo de Pontevedra e a editorial Kalandraka organizan a presentación do libro “Soño dunha sombra” de Xosé Cobas, editado por Kalandraka. O acto, no que intervirán o xornalista Ramón Rozas e Xosé Cobas, terá lugar o vindeiro venres 5 de xuño ás 19:00 horas na Libraría Metáfora. A entrada é libre ata completar capacidade. Soño dunha sombra Un álbum sobre a luz e o tempo para os amantes da arte, cun brillante epílogo do escritor Manuel Rivas. Xosé Cobas Pintor, deseñador gráfico e ilustrador, deulle cor a case douscentos libros e recibiu numerosas distincións polos seus traballos. Ademais, foi incluído dúas veces na lista The White Ravens. Colabora Libraría Metáfora volver á axenda
Presentación do libro “Notas (*) ao pé de páxina” de Xurxo Estévez
Notas (*) ao pé de páxina Presentación do libro “Notas (*) ao pé de páxina” de Xurxo Estévez Data Hora19:00 h Lugar Interveñen Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza a a presentación do libro “Notas (*) ao pé de páxina” de Xurxo Estévez. O acto, presentado polo presidente da APDR, Antón Masa Vázquez, terá lugar o vindeiro xoves 28 de maio ás 19:00 horas, na Libraría Paz. A entrada é libre ata completar capacidade. Resumo Un resumo do libro? Tres frases curtas e corenta e oito Notas ao pé de páxina, polas que circulan feministas, o Imperio romano, a Táboa Redonda e Bob Dylan, alén do lumpemproletariado, a Real Academia e os Mártires de Carral, os celtas, a queimada, a Divina Comedia e anacos da Historia da Galiza. Tamén, como non, a CIA, os ianomamis, os rusos e a Conferencia Episcopal. E non podían faltar o papa, as pastoriñas de Fátima… e os apóstolos ou algo así… En fin… O autor En 1971 foi expulsado do Brasil pola ditadura e, desde entón, viviu longas temporadas en Valencia, Lisboa, por dúas veces, e Galicia. A súa traxectoria inclúe incursións no teatro, a música, o activismo pacifista e o cultivo na novela, a poesía e a videocración. Colabora Libraría Paz volver á axenda
Presentación da novela “Elas dúas” de Luís Rei
Elas dúas Presentación da novela “Elas dúas” de Luís Rei Data Hora12:00 h Lugar Interveñen Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación da novela “Elas dúas” (premio Álvaro Cunqueiro de novela) do escritor Luís Rei. O acto, no que intervirán Rosario Álvarez, catedrática de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago e presidenta do Consello da Cultura Galega, Marcos Calveiro, director de edicións da Editorial Galaxia, e Luís Rei, terá lugar o vindeiro domingo 31 de maio ás 12:00 horas, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. A entrada é libre ata completar capacidade. Resumo Na Pontevedra da década de 1950, son unha profesora que ama a música e unha alumna que ama os xardíns, sometidas ás intermitencias dun ir e vir sentimental que as endurece. Este libro é a reconstrución dunha historia de pequenos segredos e un grande amor entre mulleres empeñadas en ser donas de si mesmas antes de soñarmos sequera con que iso podía soñarse. Cóntanola, catro décadas despois dos feitos e cando acaban de revelarllos a ela, unha filla que tivo dúas nais. O autor As súas novelas foron recoñecidas con premios como o Xerais, o da Crítica Española, o Irmandade do libro, o Blanco Amor ou o Álvaro Cunqueiro. Tamén poeta (Estrela do norte e As sílabas do mundo), desde 2000 dirixe a colección de poesía Tambo e, desde 2025, preside o Ateneo de Pontevedra. Colabora Museo de Pontevedra volver á axenda
Presentación do libro “Mazarelos”
Mazarelos Presentación do libro “Mazarelos” de Manuel Portas Data Hora19:00 h Lugar Interveñen Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación do libro Mazarelos, do escritor Manuel Portas. O acto, no que intervirán Anxo González Guerra e Manuel Portas, terá lugar o vindeiro martes 5 de maio ás 19:00 horas, na librería Metáfora. A entrada é libre ata completar capacidade. Resumo Helena, profesora xubilada, novela as orixes do instituto histórico en que traballou e polo que pasaron figuras centrais da intelectualidade galega do século XIX. De carácter difícil, mesmo discute cos personaxes que participan na trama da súa historia. Dous deles, Aurelio Aguirre e Eduardo Pondal, exalumnos do centro, xunto co pontevedrés Luís R. Seoane, andan atarefados preparando un revolucionario banquete de confraternidade con obreiros e artesáns que van celebrar en Conxo. Pola súa banda, Xosé López Amarante, director do instituto, vive obsesionado con que o edificio dos xesuítas, en Mazarelos, sexa todo el destinado ao ensino, evitando así as tensións que mantén cos habitantes que por caridade ocupan o terceiro andar, entre eles un carpinteiro e a súa filla, Candeloria, cos que ten enfrontamentos frecuentes. O autor Nado en Barcelona en 1960, é un escritor e sociolingüista galego, arousán por ascendencia paterna e compostelán por adopción. Iniciou a súa carreira docente na Universidade de Santiago de Compostela, nol Departamento de Filoloxía Galega, para continuar o seu camino no ensino medio. A súa obra narrativa confórmana Denso recendo a salgado, 2010, Un dedo manchado de tinta, 2011, Faneca Brava, 2013, Amor en alpargatas, 2015, e Unha cervexa Chang, 2022. Colabora Librería Metáfora volver á axenda
Presentación do libro “As trampas da pornografía. A sexualidade que queremos”
Conferencia Jesús Núñez García Conferencia de Jesús Núñez García Data Hora[hora_evento_24h] Lugar Interveñen Prezo O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación do libro “As trampas da pornografía. A sexualidade que desexamos” de Amada Traba, Priscila Retamozo e Chis Oliveira. O acto, presentado pola profesora de Socioloxía Sara Torres, terá lugar o vindeiro xoves 18 de decembro ás 19:00 horas, na Casa das Campás. As autoras estarán tamén acompañadas pola docente e escritora Lola Varela. A entrada é libre ata completar capacidade. Resumo Falar de sexualidade non corrompe: educa, coida e transforma. Non debería ser tabú que alimente medos, vergoñas ou silence violencias. É un dereito, unha forma de relacionarse, de coñecemento emocional e corporal compartido. Este libro é unha invitación urxente e necesaria a repensar a educación xual que ofrecemos –ou evitamos ofrecer– a nenas, nenos e adolescentes, cando a pornografía parece impoñerse como a principal escola informal, que ensina sen explicar e educa sen que lle pregunten nunha sexualidade xerárquica e desigual entre homes e mulleres, que obxetualiza os corpos e erotiza a dominación e a violencia. Sen embargo, non se trata só de denunciar os efectos da pornografía ou insistir na prevención e os riscos sexuais, senon de ofrecer ferramentas para concebir a sexualidade como un territorio de liberdade, consentimento e bo trato.Dende unha mirada feminista, crítica e inclusiva, as súas autoras indagan nas claves dunha cultura alternativa do desexo, do corpo e do pracer. Esta obra interpela ás familias, profesorado e á sociedade no seu conxunto a cuestionar o aprendido, a revisar os imaxinarios e os vínculos entre sexuaalidade, igualdade e xustiza social. Amada, Priscila e Chis son tres voces feministas de distintas xeracións que, dende a súa traxectoria nas ciencias sociais e a coeducación, apostan por unha mirada transformadora sobre a pornografía e a educación sexual. Colabora Vicerreitoría do Campus de Pontevedra volver á axenda
Presentación do libro “Agora non é antes” de Antón Baamonde
Agora non é antes Presentación do libro “Agora non é antes” Data Hora[hora_evento_24h] Lugar Interveñen Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación do libro Agora non é antes do ensaísta Antón Baamonde, editado pola Editorial Galaxia. O acto, no que participarán Xosé Hermida (xornalista de El País), Teresa Táboas (arquitecta e vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectura) e Antón Baamonde (profesor de filosofía e ensaísta), terá lugar o vindeiro venres 6 de marzo ás 19:00 horas, na área acristalada do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. A entrada é libre ata completar capacidade. Resumo Combater os clixés, transformar o modo en que nos imaxinamos, abandonar as retóricas da pasividade, enfocar o país dun modo máis plausible, é o que propón este libro. Galicia está acabando a gran trasnformación que se produciu no último medio século e, á vez, entrando nun momento crucial da súa historia. Na acelerada e tormentosa inflexión mundial que se está producindo haberá unha nova oportunidade? Sería posible que o fenimenal cambio económico e social que viviu Galicia nas últimas décadas abrise o camiño a unha transformación política e cultural? Sería posible un camiño propio, un modelo de modernización coherente, unha nova narrativa colectiva? Sería posible, indo máis aló, unha Galicia que axude a construír unha España policéntrica e un pacto federal, integrada na UE? O Autor Antón Baamonde (Vilalba, 1959) é licenciado en Filosofía. Ensaísta e articulista, é autor dunha obra onde o literario e o filosófico se funden en libros como Sobre o tempo (1990) e A rosa sen porqué (1997), publicadas en Editorial Galaxia. Colabora de modo habitual na prensa galega, tanto en xornais, como en revistas.Heterodoxo de si mesmo, intenta non repetirse, por iso, noutros traballos mirou pola fiestra o que pasaba e debuxou unha visión da sociedade galega: socioloxía a machado cunhas pingas de costumismo e leve ironía. Colabora Museo de Pontevedra volver á axenda