Versos a dúas voces

Versos a dúas voces Versos a dúas voces Data Hora[hora_evento_24h] Lugar Acceso O colectivo De Vella a Bella e o Ateneo de Pontevedra organizan a terceira mostra poética Versos a dúas voces como parte das celebracións arredor do Día Mundial da Poesía (sábado 21 de marzo de 2026). O acto erá lugar o vindeiro sábado 14 de marzo ás 12:00 horas, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. A entrada é libre ata completar capacidade. Versos a dúas voces Encontro literario no que autoras e autores comparten escenario en parella para recitar, declamar ou poñer en escena un poema —propio ou creado para a ocasión— nun formato dinámico que favorece o diálogo poético e a complicidade artística. O acto contará tamén cunha actuación de música tradicional galega a cargo de Migui Carballido (Buzuki) Cibrán Seixo (Violín) e Marcos Seixo (Zanfona). Un total de 11 parellas declamarán a dúas voces un poema propio en galego ou portugués. A iniciativa consolídase como un espazo de encontro interxeracional arredor da creación poética, reforzando desde Pontevedra a celebración do Día Mundial da Poesía. Participación A mostra consiste no recitado ou performance en parella dun poema en galego ou portugués, cun tempo máximo de dous minutos por intervención. Aberta a todas as idades (animando especialmente ás persoas maiores de 60 anos). bases – inscricións ata o 28 de febreiro Colabora Museo de Ponteveda  volver á axenda

Síguenos nas nosas redes: