Palestra: “Vender, alugar, mercar”
Vender, alugar, mercar Data Hora19:00 h Lugar Intervén Acceso O Ateneo de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra organizan a palestra titulada “Vender, alugar, mercar” na que participarán a traballadora social Pepa Vázquez e o promotor inmobiliario Javier Garrido Valenzuela dentro do ciclo A vivenda, un dereito ou un imposible?. O acto, moderado polo xornalista Serxio Barral, terá lugar o vindeiro mércores 14 de outubro ás 19:00 horas no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (rúa Benito Corbal). A entrada é libre ata completar capacidade. Pepa Vázquez Traballadora Social e Terapeuta Gestalt. Coordinadora da asociación de inclusión social Boa Vida desde hai 14 anos e promotora dos programas de vivenda, “Vida acompañada” e “Fogares creativos”. O seu percorrido profesional está ligado ao acompañamento das persoas e á creación de contornas que favorezan vidas máis autónomas, significativas e conectadas coa comunidade. Javier Garrido Valenzuela Director dunha empresa de promoción inmobiliaria, preside a Asociación de Promotores Inmobiliarios da Provincia de Pontevedra (Aproin) dende 2007. Tamén foi vicepresidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, e membro do Consello Social da Universidade de Vigo en representación da Confederación de Empresarios de Pontevedra en 2012. Sobre o ciclo A vivenda, un dereito ou un imposible? O artigo 47 da Constitución recoñece o dereito fundamental de todos os españois a desfrutar dunha vivenda digna e axeitada, obrigando os poderes públicos a promover as condicións necesarias para facelo efectivo, regular o uso do solo para evitar especulacións e asegurar a participación comunitaria nas plusvalías urbanísticas. Con todo, os prezos da compra e do aluguer semellan non ter freo e as medidas aprobadas polo Goberno e as comunidades autónomas non acaban de ter un impacto que permita albiscar unha mellora. Así as cousas, as enquisas dos últimos tempos, non só en Galicia e no resto do Estado, senón tamén en gran parte de Europa, revelan que a vivenda é a primeira preocupación para a maioría dos cidadáns e das familias. É o momento de preguntarse: a vivenda, un dereito ou un imposible? Colabora Deputación de Pontevedra volver á axenda
“O Estatuto de 1981. Balance de 45 anos” con Xosé Luís Barreiro, Xosé Manuel Beiras e Emilio Pérez Touriño
O Estatuto de 1981 Balance de 45 anos Mesa redonda Data Hora19:00 h Lugar Intervén Acceso O Ateneo de Pontevedra e o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra organizan a mesa redonda O Estatuto de 1981. Balance de 45 anos coa participación de Xosé Luís Barreiro, Xosé Manuel Beiras e Emilio Pérez Touriño, dentro do ciclo 90 anos do Estatuto. O acto terá lugar o vindeiro mércores 17 de xuño ás 19:00 horas no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. A entrada é libre ata completar capacidade. Xosé Luís Barreiro (Forcarei, 1949) Ex-vicepresidente da Xunta de Galicia. Xosé Manuel Beiras (Santiago de Compostela, 1936) Ex-portavoz nacional do BNG. Emilio Pérez Touriño (A Coruña, 1948) Ex-presidente da Xunta de Galicia. Sobre o ciclo 90 anos do Estatuto En febreiro de 1936, o resultado das eleccións xerais en España, co triunfo da Fronte Popular, abriu a posibilidade de someter a plebiscito o Estatuto de Autonomía de Galicia que estivera redactándose case desde a chegada da República. Finalmente fixouse unha data, o 28 de xuño de 1936, e a aprobación de xeito masivo e mais o que veu despois é xa parte dunha historia do país que traemos a debate agora, noventa anos despois de que a sublevación militar e a vitoria do bando franquista na guerra civil anulase a entrada en vigor daquel Estatuto. Colabora Deputación de Pontevedra volver á axenda
Palestra moderada por Luis Velasco: “Volve o servizo militar?”
Volve o servizo militar? Palestra: “Volve o servizo militar?” Data Hora[hora_evento_24h] Lugar Modera Luis Velasco Martínez Interveñen Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza a palestra “Volve o servizo militar?” moderada polo profesor de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo, Luis Velasco Martínez e na que participan representantes das organizacións xuvenís dos partidos: Alba Quiroga Veiga (Galiza Nova), Alberto Ledo Álvarez (Xuventudes Socialistas) e Guillermo Juncal Peñas (Novas Xeracións). O acto terá lugar o vindeiro martes 17 de marzo ás 19:00 horas, no Paraninfo do IES Valle-Inclán. A entrada é libre ata completar capacidade. Luis Velasco Martínez Profesor de Historia Contemporánea na Universidade de Vigo. Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese “A Nación Marcial Servizo Militar Obrigatorio e educación patriótica en España, 1898-1982” (2020). Alba Quiroga Veiga Milita en Galiza Nova e, dende 2023, é responsábel da zona de Erguer en Pontevedra. Dende o ano 2024 cursa 2º de Bacharelato na súa cidade natal. Alberto Ledo Álvarez Secretario xeral das Xunventudes Socialistas de Pontevedra dende 2023. Técnico en Administración e Finanzas. Guillermo Juncal Peñas Presidente de Novas Xeracións de Pontevedra dende 2018. Graduado en Dereito (USC) e Máster en Avogacía (UVigo). Xogador, directivo e adestrador de categorías inferiores no Mareantes Rugby Club Pontevedra e tamén seleccionador galego de rugby. Sobre o ciclo Tambores de guerra Hai catro anos Rusia invade parte de Ucrania e iso fai que Europa volva vivir unha guerra dentro das súas fronteiras. En xaneiro de 2026, os Estados Unidos de Donald Trump atacan militarmente Venezuela e secuestran o seu presidente. Ademais, o presidente norteamericano desiste de manter o liderado do seu país na OTAN e a Unión Europea enfróntase ao dilema de avanzar no asunto permanentemente adiado da organización da súa estratexia de defensa. Fálase de investimentos nunca vistos para dotarse dun arsenal militar de disuasión e de aumentar as tropas, mesmo recuperando o servizo militar; de momento, nos primeiros países en promovelo, voluntario. Colabora IES Valle-Inclán volver á axenda