Eleccións ao Reitorado da Universidade de Vigo
Eleccións ao Reitorado da Universidade de Vigo Debate cos candidatos ao Campus de Pontevedra Data Hora[hora_evento_24h] Lugar Interveñen Prezo O Ateneo de Pontevedra organiza un debate cos candidatos ao Reitorado da Universidade de Vigo no Campus de Pontevedra. O acto, moderado polo xornalista Serxio Barral, terá lugar o vindeiro luns 27 de abril ás 19:00 horas, na Casa das Campás. A entrada é libre ata completar capacidade. O Debate En pleno proceso electoral para a remuda á fronte do Reitorado da Universidade de Vigo, o noso Ateneo organiza un debate para abordar os desafíos específicos do campus de Pontevedra nos anos vindeiros. O acto contará coa participación das persoas candidatas á Vicerreitoría do Campus de Pontevedra nas tres candidaturas e servirá para coñecermos as súas propostas en temas como a aposta por novas titulacións, a carencia dunha residencia pública de estudantes, o posible traslado da facultade de Belas Artes ou a relación da UdV co tecido asociativo e a sociedade pontevedresa en xeral. Participantes Sara Domínguez Lloria Profesora de Didáctica da Expresión Musical. Candidata a Vicerreitora no equipo de Belén Rubio (H2040). José María Cancela Catedrático do Departamento de Didácticas Especiais. Candidato a Vicerreitor no equipo de Jacobo Porteiro (ConSenso). Marián Fernández Villarino Profesora na Área de Educación Física e Deportiva. Candidata a Vicerreitora no equipo de Carmen García Mateo (Nós Universidade). Colabora Vicerreitoría do Campus de Pontevedra volver á axenda