Lembrando a Mercedes Alsina

Lembrando a Mercedes Alsina Data Hora19:00  Lugar Interveñen Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza unha conferencia arredor da figura de Mercedes Alsina. O acto, no que participarán Xavier del Valle-Inclán Alsina,  Ángeles Tilve Jar e Pilar Fernández Ruiz, terá lugar o vindeiro mércores 21 de outubro ás 19:00 horas na Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra. A entrada é libre ata completar capacidade. Mercedes Alsina Mercedes Alsina Gómez-Ulla (Santiago de Compostela, 1917). Licenciada en Filosofía e Letras, prestou servizos na biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela antes de aprobar as oposicións ao Corpo Facultativo de Bibliotecas e Arquivos e ser destinada á Biblioteca Pública de Pontevedra, onde traballou ata a súa xubilación. Foi a autora, entre outras publicacións, do catálogo da biblioteca de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao. Xavier del Valle-Inclán Alsina Xavier del Valle-Inclán Alsina tamén foi bibliotecario, en diferentes universidades, ata asentarse definitivamente na Biblioteca Central da Universidade de Santiago de Compostela, onde se xubilou recentemente. Ángeles Tilve Jar Ángeles Tilve Jar, licenciada en Xeografía e Historia pola universidade de Santiago de Compostela, conservadora de arte, e desde 2023 directora do Museo de Pontevedra. Pilar Fernández Ruiz Pilar Fernández Ruiz, directora da Biblioteca Pública Antonio Odriozola. Antes de asumir a dirección desta biblioteca exerceu como bibliotecaria no Arquivo do Reino de Galicia, na Biblioteca do Museo de Pontevedra e na Biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela. Sobre o ciclo Figuras Pontevedresas Ao longo de 2026 convócase a memoria de persoas que, tras a súa desaparición, e por distintos motivos, deixaron unha pegada importante na memoria da cidade. O seu rescate correrá a cargo, segundo os casos, de discípulos, familiares ou persoas que os coñeceron ben ou os converteron en materia de estudo. Colabora IES Valle-Inclán  volver á axenda

Conferencia de Mauro Lomba

Mauro Lomba Conferencia de Mauro Lomba Data Hora19:00 h Lugar Interveñen Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza unha a conferencia do arquitecto Mauro Lomba dentro do ciclo A estirpe de Sesmero. O acto terá lugar o vindeiro mércores 20 de maio ás 19:00 horas, na Casa das Campás. A entrada é libre ata completar capacidade. Mauro Lomba (1962) Iníciase na práctica da profesión en Francia, e en 1996 abre en Pontevedra un estudo que mantén ininterrompidamente ata hoxe e que durante moitos anos compaxinou co espazo artístico Nemonon. Ten obras en Madrid, Asturias e toda Galicia; entre estas, as Pousadas de Ribadumia e Armenteira. Os xurados dos premios Gran de Area de aportación á arquitectura galardoárono en varias edicións. Sobre o ciclo A estirpe de Sesmero Propoñemos tres citas monográficas sobre a traxectoria e proxección, mesmo de alcance internacional, de tres figuras da arquitectura con selo pontevedrés, pertencentes a tres xeracións distintas. Serán relatorios ilustrados con imaxes das súas obras, e cargo dos protagonistas, profesionais que podemos ver como continuadores, no século XX e XXI, de Alejandro Rodríguez Sesmero, o grande arquitecto da Pontevedra do século XIX. Colabora Vicerreitoría do Campus de Pontevedra volver á axenda

Conferencia de Manuel Bouzas

Manuel Bouzas Conferencia de Manuel Bouzas Data Hora19:00 h Lugar Interveñen Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza unha a conferencia do arquitecto Manuel Bouzas dentro do ciclo A estirpe de Sesmero. O acto terá lugar o vindeiro mércores 13 de maio ás 19:00 horas, na Casa das Campás. A entrada é libre ata completar capacidade. Manuel Bouzas (1993) Traballa a medio camiño entre Pontevedra e Nueva York, onde é profesor na Universidade de Cornell. Recibiu o Premio ROOM Futuro e o Premio Princesa de Girona. En 2025 foi comisario do Pavillón Español na Bienal de Arquitectura de Venecia. Reivindica unha construción ecoloxicamente eficiente e o uso preferente dos materiais da contorna onde se radican as obras. Sobre o ciclo A estirpe de Sesmero Propoñemos tres citas monográficas sobre a traxectoria e proxección, mesmo de alcance internacional, de tres figuras da arquitectura con selo pontevedrés, pertencentes a tres xeracións distintas. Serán relatorios ilustrados con imaxes das súas obras, e cargo dos protagonistas, profesionais que podemos ver como continuadores, no século XX e XXI, de Alejandro Rodríguez Sesmero, o grande arquitecto da Pontevedra do século XIX. Colabora Vicerreitoría do Campus de Pontevedra volver á axenda

Conferencia de César Portela

César Portela Conferencia de César Portela Data Hora19:00 h Lugar Interveñen Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza unha a conferencia do arquitecto César Portela dentro do ciclo A estirpe de Sesmero. O acto terá lugar o vindeiro mércores 27 de maio ás 19:00 horas, na Casa das Campás. A entrada é libre ata completar capacidade. César Portela (1937) A figura máis relevante da escena arquitectónica pontevedresa e galega das últimas seis décadas. Conta con obra en toda España, Xapón, Venezuela ou Exipto, e premios como o Nacional de Arquitectura, o europeo Philippe Rothier ou o European urban and Regional planning do Consello de Europa. Compartiu proxectos con Aldo Rossi, Arata Isozaki ou Ricardo Bofill. Sobre o ciclo A estirpe de Sesmero Propoñemos tres citas monográficas sobre a traxectoria e proxección, mesmo de alcance internacional, de tres figuras da arquitectura con selo pontevedrés, pertencentes a tres xeracións distintas. Serán relatorios ilustrados con imaxes das súas obras, e cargo dos protagonistas, profesionais que podemos ver como continuadores, no século XX e XXI, de Alejandro Rodríguez Sesmero, o grande arquitecto da Pontevedra do século XIX. Colabora Vicerreitoría do Campus de Pontevedra volver á axenda

Conferencia “Leonor Izquierdo, dona de Antonio Machado. A forxa dun mito”

Leonor Izquierdo, dona de Antonio Machado. A forxa dun mito Conferencia de Buenaventura Aparicio Casado Data Hora19:00 h Lugar Interveñen Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza a a conferencia “Leonor Izquierdo, dona de Antonio Machado. A forxa dun mito” impartida polo historiador Buenaventura Aparicio Casado. O acto, presentado por Alicia Esteban Crespo, terá lugar o vindeiro martes 12 de maio ás 19:00 horas, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra. A entrada é libre ata completar capacidade. Resumo A vida, o destino dos humanos ten un alto grao de incerteza. A relación de Leonor Izquierdo con Antonio Machado cambiou o guión do seu destino. Unha relación e un casamento moi temperá –o poeta dobráballe sobradamente a idade. Unha vida compartida durante tres anos, o último marcado pola enfermidade que a levou á tumba. Un viúvo desolado que lle dedica algunha das súas poesías máis inspiradas. O paso dos anos. A aparición de Pilar Valderrama –Guiomar– na vida de Antonio Machado. Posiblemente, para entón, Leonor era só un recordo diluído polo tempo. Soria non esqueceu a Leonor. Converteuna na musa permanente de Antonio Machado e en símbolo da cidade. Intencionadamente, forxaron un mito. O conferenciante Buenaventura Aparicio Casado (Peñafiel, Valladolid, 1946) é doutor en Historia, antropólogo e escritor. Foi profesor no IES “Chan do Monte” de Marín e profesor titor nas facultades de Xeografía e Historia e Ciencias Políticas e Socioloxía da UNED en Pontevedra ata a súa xubilación. Fundou e coordinou o Grupo de Investigación Arqueolóxica e Etnográfica “A Laxe da Irena” en Ponte Caldelas. Foi presidente do Grupo de Arqueoloxía “Alfredo García Alén”. Responsable da investigación antropolóxica nas escavacións da Lanzada (2010) e do xacemento da Pedra do Cervo (Ponte Caldelas) no ano 2012. Participou en numerosos congresos e impartiu cursos para o profesorado sobre temas da súa especialidade. Impartiu 144 conferencias e é autor de 156 publicacións, entre elas 16 libros. Colabora Museo de Pontevedra  volver á axenda

Begoña Caamaño, o pracer da rebeldía

Begoña Caamaño, o pracer da rebeldía Conferencia de Marga do Val Data Hora[hora_evento_24h] Lugar Interveñen Prezo O Ateneo de Pontevedra organiza a conferencia “Begoña Caamaño, o pracer da rebeldía” impartida pola escritora Marga do Val. O acto terá lugar o vindeiro mércores 29 de abril ás 19:00 horas, na Biblioteca do IES Valle-Inclán. A entrada é libre ata completar capacidade. Conferencia Begoña Caamaño (Vigo, 1964-Santiago 2014), a autora homenaxeada en 2026 no Día das Letras Galegas foi autora das novelas Circe ou o pracer do azul e Morgana en Esmelle (no seu momento, premio da Crítica Española e premio Losada Diéguez, entre outros), e desde 1989 e ata o seu pasamento exerceu como xornalista nas seccións de cultura e sociedade dos informativos da Radio Galega. Marga do Val É escritora, crítica literaria e tradutora. Autora de poesía, ensaio, novela e teatro, obtivo a licenciatura en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa pola universidade de Santiago. Entre 1995 e 2005 exerceu como profesora de lingua e literatura española na universidade de Tréveris (Alemaña). Colabora en varias revistas e publicacións, como Nós Diario, Grial, Festa da palabra silenciada e A Nosa Terra. Colabora IES Valle-Inclán volver á axenda

Os heroísmos descoñecidos da Revolución dos Caraveis

Os heroísmos descoñecidos da Revolución dos Caraveis Conferencia de Tereixa Constenla Data Hora[hora_evento_24h] Lugar Intervén Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza a conferencia “Os heroísmos descoñecidos da Revolución dos Caraveis” da xornalista Tereixa Constenla dentro do ciclo 25 de abril, sempre. O acto terá lugar o vindeiro xoves 23 de abril ás 19:00 horas no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (rúa Benito Corbal). A entrada é libre ata completar capacidade. Tereixa Constenla Tereixa Constenla naceu en Arca, unha aldea da Estrada, en 1968. Foi correspondente de El País en Lisboa entre xullo de 2021 e febreiro de 2026. En 2021 publicou Cuaderno de urgencias, un libro autobiográfico de amor e dó. Dedicou á revolución portuguesa, no seu cincuenta aniversario, a crónica histórica Abril é un país (2024, Kalandraka, en galego e en portugués; e Tusquets en castelán).  Sobre o ciclo 25 de abril, sempre Como en anos anteriores, o Ateneo de Pontevedra invita aos pontevedreses a volver os ollos á cultura e sociedade de Portugal, traendo ata nós o testemuño de cronistas e escritores portugueses. Asemade, lémbrase a Revolución dos Cravos cunha tarde festiva arredor da canción de José Afonso que serviu como sinal de arranque para que o Movemento das Forzas Armadas lánzase o operativo que desembocou na remuda política dunha ditadura á democracia. Colabora    volver á axenda

Conferencia arredor da figura de Sabino Torres

Sabino Torres Conferencia arredor da figura de Sabino Torres Data Hora[hora_evento_24h] Lugar Interveñen Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza a a conferencia arredor da figura de Sabino Torres, onde participan Gerardo Lorenzo, editor e analista e mais Ana Acuña, profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte, dentro do ciclo Figuras Pontevedresas. O acto terá lugar o vindeiro mércores 15 de abril ás 19:00 horas, na Casa das Campás. A entrada é libre ata completar capacidade. Sobre Sabino Torres Comezou a súa actividade periodístina en 1943 na revista Finisterre con Emilio Canda Pérez e Celso Emilio Ferreiro. En 1949 editou a colección de poesía Benito Soto con Manuel Cuña Novás e Emilio Álvarez Negreira que tivo 17 publicacións. En 1953 fundou o seminario Litoral e en 1992 a colección poética Hipocampo Amigo con Emilio Álvarez e dende 1952 foi membro da RAG. Ten unha extensa obra escrita tanto en galego como en castelán. Sobre o ciclo Figuras Pontevedresas Ao longo de 2026 convócase a memoria de persoas que, tras a súa desaparición, e por distintos motivos, deixaron unha pegada importante na memoria da cidade. O seu rescate correrá a cargo, segundo os casos, de discípulos, familiares ou persoas que os coñeceron ben ou os converteron en materia de estudo. Colabora Vicerreitoría do Campus de Pontevedra volver á axenda

Conferencia “Engracia Vidal Estévez: cristiá, galega e feminista”

Engracia Vidal Estévez Cristiá, galega e feminista Conferencia: “Engracia Vidal Estévez. Cristiá, galega e feminista” Data Hora[hora_evento_24h] Lugar Interveñen Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza a a conferencia “Engracia Vidal Estévez. Cristiá, galega e feminista“, impartida por Marisa Vidal Collazo (profesora do IES Torrente Ballester e teóloga feminista) e Pilar Wirtz Molezún (Relixiosa da Compañía de María, amiga de Engracia e teóloga), dentro do ciclo Figuras Pontevedresas. O acto terá lugar o vindeiro mércores 25 de marzo ás 19:00 horas, na Casa das Campás. A entrada é libre ata completar capacidade. Engracia Vidal Licenciada en historia e diplomada en teoloxía, foi relixiosa do Sagrado Corazón e directora do Colexio de Praceres. Despois de deixar os hábitos foi profesora no IES A Xunqueira de Pontevedra. Animou a formación de Revista Encrucillada, da que foi Secretaria da Mesa de Redacción entre 1974 e 2003. Mantívose moi activa impartindo charlas e publicando artigos na prensa, en Encrucillada e na revista Irimia. Participou na posta en marcha da Asociación Mulleres Cristiás Galegas Exeria en 1996, formando parte do equipo coordinador. É autora do primeiro libro de teoloxía feminista en galego: Por unha Igrexa tamén feminina, (Ed. Encrucillada, 2000) Foi voceira de Mulleres Cristiás Galegas Exeria na Concellaría da Muller do Concello de Pontevedra, participando activamente nos inicios da Marcha Mundial das Mulleres na nosa cidade. Sobre o ciclo Figuras Pontevedresas Ao longo de 2026 convócase a memoria de persoas que, tras a súa desaparición, e por distintos motivos, deixaron unha pegada importante na memoria da cidade. O seu rescate correrá a cargo, segundo os casos, de discípulos, familiares ou persoas que os coñeceron ben ou os converteron en materia de estudo. Colabora Vicerreitoría de Pontevedra volver á axenda

Conferencia “Está Europa en perigo?” de José Enrique de Ayala

Está Europa en perigo? Conferencia: “Está Europa en perigo?” Data Hora[hora_evento_24h] Lugar Intervén Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza a a conferencia “Está Europa en perigo?” impartida polo xeneral retirado José Enrique de Ayala, dentro do ciclo Tambores de Guerra. O acto terá lugar o vindeiro xoves 12 de marzo ás 19:00 horas, no Paraninfo do IES Valle-Inclán. A entrada é libre ata completar capacidade. Está Europa en perigo? A guerra en Ucraína e o seu incerto resultado, xunto coa indiferenza do presidente dos Estados Unidos cara á OTAN e a súa aberta hostilidade cara á Unión Europea, produciron unha certa psicose de perigo inminente en moitos países europeos. Isto traduciuse nunha actitude belicosa e na decisión de emprender un rearme masivo, o que probablemente resultará en menos recursos para políticas sociais. Esta situación suscita moitas preguntas cuxas respostas terán repercusións significativas para o futuro dos europeos: Está Europa realmente en perigo? É necesario o aumento exponencial do orzamento de defensa que esixe a OTAN? Que influencia ten a actitude de Trump na seguridade europea? É necesario e viable organizar unha defensa europea autónoma e autosuficiente? José Enrique de Ayala Xeneral de Brigada retirado, membro do Consello de Seguridade e Defensa da Fundación Alternativas, do Consello Asesor do Observatorio de Política Exterior e do Consello de Asuntos Europeos. Sobre o ciclo Tambores de guerra Hai catro anos Rusia invade parte de Ucrania e iso fai que Europa volva vivir unha guerra dentro das súas fronteiras. En xaneiro de 2026, os Estados Unidos de Donald Trump atacan militarmente Venezuela e secuestran o seu presidente. Ademais, o presidente norteamericano desiste de manter o liderado do seu país na OTAN e a Unión Europea enfróntase ao dilema de avanzar no asunto permanentemente adiado da organización da súa estratexia de defensa. Fálase de investimentos nunca vistos para dotarse dun arsenal militar de disuasión e de aumentar as tropas, mesmo recuperando o servizo militar; de momento, nos primeiros países en promovelo, voluntario. Colabora IES Valle-Inclán  volver á axenda

Síguenos nas nosas redes: