Concerto de Carmen Prieto

Concerto de Carmen Prieto Data Hora19:00 h Lugar Interveñen Prezo O Ateneo de Pontevedra colabora na organización do concerto “Homenaxe a cantautores chilenos e hispanoamericanos” da cantante e actriz chilena Carmen Prieto acompañada polo guitarrista Tito Cerda. O acto, no que tamén participarán como artistas invitados Míriam Ferradáns e Xaime Toxo,  terá lugar o vindeiro venres 11 de setembro ás 19:00 horas, no Paraninfo do IES Valle-Inclán. A entrada é libre ata completar capacidade. Homenaxe a cantautores chilenos e hispanoamericanos 53 anos despois do golpe militar de Augusto Pinochet, Carmen Prieto ofrecerá para nós un concerto de homenaxe a cantautores chilenos e hispanoamericanos, acompañada polo guitarrista Tito Cerda. Este concerto de Pontevedra foma parte dunha xira por Galicia que conta co apoio do ministerio de las Culturas, las Artes y el Patrimonio do Goberno de Chile. Carmen Prieto Cantante e actriz chilena. Filla dunha avogada e dun violinista da Orquestra Sinfónica de Chile, a súa carreira musical desenvólvese desde finais dos anos 1980, e levouna o ofrecer concertos en moitos escenarios americanos e españois, presentando nomeadamente boleros e valses. En dúas ocasións recibiu o premio da Asociación de Periodistas de Espectáculos de Chile á  mellor intérprete popular: en 1993 polo seu disco “Me desordeno”, e en 2000 por “Deseos y encantos”. En 2004, participou na miniserie documental De Neftalí a Pablo, una historia de Pablo Neruda. Colabora IES Valle-Inclán  volver á axenda

Data Reservada

Data reservada Data Hora19:00 h Lugar Acceso Máis adiante ampliaremos a información volver á axenda

Concerto: “Lembrando o Zeca, cantando o Grândola”

Lembrando o Zeca, cantando o Grândola Concerto “Lembrando o Zeca, cantando o Grândola” Data Hora[hora_evento_24h] Lugar Intervén Acceso O Ateneo de Pontevedra, dentro do ciclo 25 de abril, sempre, organiza o concerto “Lembrando o Zeca, cantando o Grândola” do grupo Loaira onde interpretarán un repertorio portugués e cantata popular. O acto terá lugar o vindeiro sábado 25 de abril ás 19:30 horas, no Pazo de Mugartegui (Praza da Pedreira). A entrada é libre ata completar capacidade. Loaira Para este concerto realizarase unha intervención de cinco ou seis temas, cun fío condutor arredor da obra de Xosé Afonso, sendo Grândola, Vila Morena o eixo central do repertorio. A proposta busca artellar unha pequena viaxe musical arredor do universo de Zeca, cun enfoque coidado e emotivo. A formación está composta por: – Uxía Cribeiro (voz e percusión) – Lola de Ribeira (voz e percusión) – Iván Abal (zanfona) – Álvaro Cardalda (acordeón e teclados) – Miguel Fraguas (percusións) Sobre o ciclo 25 de abril, sempre Como en anos anteriores, o Ateneo de Pontevedra invita aos pontevedreses a volver os ollos á cultura e sociedade de Portugal, traendo ata nós o testemuño de cronistas e escritores portugueses. Asemade, lémbrase a Revolución dos Cravos cunha tarde festiva arredor da canción de José Afonso que serviu como sinal de arranque para que o Movemento das Forzas Armadas lánzase o operativo que desembocou na remuda política dunha ditadura á democracia. Colabora Concello de Pontevedra volver á axenda

Síguenos nas nosas redes: