No aniversario de Valle-Inclán

No aniversario de Valle-Inclán Data Hora19:00 h Lugar Intervén Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza, no aniversario de Valle-Inclán, unha xornada con dúas charlas: – “Valle-Inclán na fin de século (1888-1895)”, charla impartida por Pablo Landín. – “Valle-Inclán. Un centenario sesenta anos despois”, charla impartida por Ramón Rozas. O acto terá lugar o vindeiro mércores 28 de outubro ás 19:00 horas no Paraninfo do IES Valle-Inclán. A entrada é libre ata completar capacidade. Valle-Inclán na fin de século (1888-1895) Valle-Inclán saca á luz en prensa a súa primeira publicación estando en Santiago. Corría o ano de 1888, e desde entón cultivou todo tipo de escritos ―crónicas, cartas, conferencias, relatos e algún libro―. O presente traballo ofrece unha panorámica xeral destas publicacións ata 1895, durante a estancia do escritor en Santiago, México e Pontevedra, antes de emprender a súa aventura literaria cara a Madrid. A finalidade deste relatorio é desentrañar as técnicas, ideas e temas recorrentes que van conformar o mundo ficcional das súas futuras producións literarias.  Valle-Inclán. Un centenario sesenta anos despois O ano 1966 conmemorouse o centenario do nacemento de Ramón Mª del Valle-Inclán, o gran escritor que marcou boa parte da literatura da primeira metade do século XX en España e cuxa pegada en Pontevedra e no Salnés era ben evidente. Nese ano diferentes entidades sumáronse a dita celebración. O Instituto Feminino pasou a denominarse Instituto Valle-Inclán, o Ateneo de Pontevedra, que se constituíra apenas un ano antes, realizou unha programación con charlas, unha exposición bibliográfica e representacións teatrais, e o Diario de Pontevedra lle adicou un vizoso especial con diferentes firmas que trataron temas vencellados a súa obra e personalidade.  Colabora IES Valle-Inclán  volver á axenda

Encontro con Alejandro Pedregosa

Encontro con Alejandro Pedregosa Data Hora19:00 h Lugar Interveñen Prezo O Ateneo de Pontevedra e a editorial Kalandraka organizan un encontro co escritor Alejandro Pedregosa. O acto, no que intervirán o xornalista Ramón Rozas e Alejandro Pedregosa, terá lugar o vindeiro luns 21 de setembro ás 19:00 horas, na Libraría Metáfora. A entrada é libre ata completar capacidade. O encontro O encontro en Pontevedra, en conversa co xornalista Ramón Rozas, centrarase nomeadamente nos seus libros “Comadrejas” (novela) e “Lo que sé de Whitney Houston” (poemario), ambos aparecidos en Cuatro Lunas, un selo da editorial pontevedresa Kalandraka, que colabora na organización do evento. Alejandro Pedregosa Nado en Granada (1974), conta cunha longa traxectoria como escritor, que abrangue a poesía, a novela e o conto, e foi recoñecida con premios como o Andalucía da Crítica. Colabora Libraría Metáfora  volver á axenda

Charla de Xabier Díaz

Charla de Xabier Díaz Data Hora19:00 h Lugar Intervén Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza xunto coa Deputación de Pontevedra a charla do cantante e compositor Xabier Díaz titulada “A Percusión“, dentro do ciclo O Poder do Folk. O acto terá lugar o vindeiro mércores 23 de setembro ás 19:00 horas no Paraninfo do IES Valle-Inclán. A entrada é libre ata completar capacidade. Xabier Díaz Xabier Díaz (A Coruña,1969). Cantante, compositor, investigador e compilador de música tradicional, fixo parte da asociación Xacarandaina, Rumbadeira, Nova Galega de Danza e Berrogüetto. En 2015 editou o multipremiado The tambourine man xunto ás Adeufeiras de salitre, ao que logo se sumaron os discos Noró (2018), As catedrais silenciadas (2020) e Axúdame a sentir (2024). En 2022, en solitario, presentou Levantarse e caer. Sobre o ciclo O Poder do Folk O Folk, nas súas variadas expresións, moveu no pasado e segue a mover no presente, na Galicia territorial e nos principais focos da emigración galega histórica, moitos milleiros de persoas. Soamente música, ou tamén música e baile… Grupos tradicionais, coros e rondallas; bandas que hibridan as múltiples linguaxes do país en fértil diálogo con ritmos procedentes doutras latitudes e estilos. Ante esta realidade de gran puxanza, na cultura galega de hoxe, ofrecemos tres charlas, en tres mércores consecutivos do mes de setembro de 2026, a cargo de tres das figuras de referencia na escena da nosa música de raíz. Servirán para trazar unha panorámica da realidade presente da música máis nosa e dos camiños e desafíos que se lle ofrecen nas vindeiras décadas. Colabora IES Valle-Inclán  volver á axenda

Charla de Óscar Ibáñez

Charla de Óscar Ibáñez Data Hora19:00 h Lugar Intervén Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza xunto coa Deputación de Pontevedra a charla do gaiteiro Óscar Ibáñez titulada “A Gaita“, dentro do ciclo O Poder do Folk. O acto terá lugar o vindeiro mércores 16 de setembro ás 19:00 horas no Paraninfo do IES Valle-Inclán. A entrada é libre ata completar capacidade. Óscar Ibáñez Óscar Ibáñez (Poio, 1976). É un gaiteiro e frautista con máis de 20 anos de traxectoria artística internacional. Mestre en educación musical, especialista universitario en música tradicional galega e en arquivística, ademais de máster en xestión da documentación musical. Participou en máis de 20 traballos discográficos, entre os que destacan os seus discos en solitario Alén do mar (2012) e Aires de Pontevedra (2017). Sobre o ciclo O Poder do Folk O Folk, nas súas variadas expresións, moveu no pasado e segue a mover no presente, na Galicia territorial e nos principais focos da emigración galega histórica, moitos milleiros de persoas. Soamente música, ou tamén música e baile… Grupos tradicionais, coros e rondallas; bandas que hibridan as múltiples linguaxes do país en fértil diálogo con ritmos procedentes doutras latitudes e estilos. Ante esta realidade de gran puxanza, na cultura galega de hoxe, ofrecemos tres charlas, en tres mércores consecutivos do mes de setembro de 2026, a cargo de tres das figuras de referencia na escena da nosa música de raíz. Servirán para trazar unha panorámica da realidade presente da música máis nosa e dos camiños e desafíos que se lle ofrecen nas vindeiras décadas. Colabora IES Valle-Inclán  volver á axenda

Charla de Fransy González

Charla de Fransy González Data Hora19:00 h Lugar Intervén Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza xunto coa Deputación de Pontevedra a charla da cantareira e pandereteira Fransy González titulada “A Voz“, dentro do ciclo O Poder do Folk. O acto terá lugar o vindeiro mércores 9 de setembro ás 19:00 horas no Paraninfo do IES Valle-Inclán. A entrada é libre ata completar capacidade. Fransy González Fransy González (Grenoble, Francia. 1972). A súa orixe familiar está en Bergantiños, e vive en Arteixo dende os seis anos. É unha das voces máis representativas da música tradicional de Galicia. Formou parte de Xiradela e investigou as raíces da música tradicional en Bergantiños, onde ademais deu clases. Traballou con Carlos Núñez, Dulce Pontes, Jordi Savall, Erik Marchand, Kepa Junkera ou The Chieftains, entre outros. Sobre o ciclo O Poder do Folk O Folk, nas súas variadas expresións, moveu no pasado e segue a mover no presente, na Galicia territorial e nos principais focos da emigración galega histórica, moitos milleiros de persoas. Soamente música, ou tamén música e baile… Grupos tradicionais, coros e rondallas; bandas que hibridan as múltiples linguaxes do país en fértil diálogo con ritmos procedentes doutras latitudes e estilos. Ante esta realidade de gran puxanza, na cultura galega de hoxe, ofrecemos tres charlas, en tres mércores consecutivos do mes de setembro de 2026, a cargo de tres das figuras de referencia na escena da nosa música de raíz. Servirán para trazar unha panorámica da realidade presente da música máis nosa e dos camiños e desafíos que se lle ofrecen nas vindeiras décadas. Colabora IES Valle-Inclán  volver á axenda

Charla: “O mono desperto. Unha conversa con Emiliano Bruner sobre a evolución humana e meditación”

O mono desperto Unha conversa con Emiliano Bruner sobre evolución humana e meditación Charla con Emiliano Bruner Data Hora19:00 Lugar Interveñen Acceso O Ateneo de Pontevedra organiza a charla “O mono desperto. Unha conversa con Emiliano Bruner sobre evolución humana e meditación” do biólogo Emiliano Bruner, presentada por Chema Heras. O acto terá lugar o vindeiro martes 14 de abril ás 19:00 horas, na Casa das Campás. A entrada é libre ata completar capacidade. A conversa A charla xirará arredor de La maldición del hombre mono, un libro co que Emiliano Bruner quere axudarnos a entender unha  das consecuencias do proceso evolutivo do ser humano: a angustia existencial, unha experiencia vital que pode atopar na meditación unha boa vía para atopar a calma: “A mente que nos ata é a mesma mente que nos libera”, dinos Bruner. Emiliano Bruner Graduado en Bioloxía e doutorado en Bioloxía Animal pola Universidade La Sapienza de Roma, foi responsable de investigación, entre 2007 e 2024, do Grupo de Paleoneurobioloxía de Homínidos do Centro Nacional de Investigación sobre a Evolución Humana (CENIEH) de Burgos. Desde 2024 é investigador en paleoneurobioloxía no Museo Nacional de Ciencias Naturais do Consello Superior de Investigacións Científicas (MNCN-CSIC) e investigador afiliado do Centro de Investigación de Enfermidades Neurolóxicas (CIEN), en Madrid. Colabora Vicerreitoría do Campus de Pontevedra volver á axenda

Síguenos nas nosas redes: