Asembleas Xerais

Asembleas Xerais Asembleas Xerais Data Hora[hora_evento_24h] Lugar Acceso A Xunta Directiva do Ateneo de Pontevedra aprobou convocar unha Asemblea Xeral Ordinaria e unha Asemblea Xeral Extraordinaria para o vindeiro xoves 26 de marzo, na sala de conferencias da Casa das Campás (rúa Don Filiberto, 9-11). Asemblea Xeral Ordinaria A Asemblea Xeral Ordinaria celebrarase ás 18:30 horas en primeira convocatoria, e ás 19:00 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día: Actas das Asembleas anteriores. Aprobación, se procede Memoria anual de actividades de 2025 Peche do exercicio económico de 2025 Presentación, e votación, do orzamento para o exercicio de 2026 Avance da programación para o que resta de 2026 Novo sistema de cotas Rogos e preguntas Asemblea Xeral Extraordinaria A Asemblea Xeral Extraordinaria celebrarase ás 20:00 horas en primeira convocatoria e ás 20:30 horas en segunda convocatoria, coa seguinte orde do día: Cambio de domicilio social nos Estatutos do Ateneo: Artigo 3. Domicilio: Onde di: “A asociación establece o seu domicilio social na rúa Praza de Galicia, no 2 – 2D, localidade de Pontevedra, C.P. 36001, concello PONTEVEDRA, teléfono 618 810982, correo electrónico ateneodepontevedra@yahoo.com. Pasa a dicir: “A asociación establece o seu domicilio social na rúa Javier Puig, Galerías, Local 9, localidade de Pontevedra, C.P. 36001, concello PONTEVEDRA, correo electrónico info@ateneodepontevedra.gal.” Modificación dos Estatutos do Ateneo: Revogación do Regulamento de Réxime interno: “CAPÍTULO V. DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO. Artigo 32. Regulamento de réxime interno. Por acordo da asemblea xeral pode aprobarse un regulamento de réxime interno, que desenvolverá aquelas materias non contempladas directamente nestes estatutos. O funcionamento interno da asociación estará sometido ao ordenamento xurisdicional civil”. Substitúese por un Capítulo novo: “CAPÍTULO V. DA RENOVACIÓN E ELECCIÓN DA XUNTA DIRECTIVA. Artigo. 32. Do procedemento de elección para a Xunta Directiva. Dos socios con dereito a voto e a seren elixibles. As eleccións á Xunta Directiva serán convocadas cun mínimo dun mes de antelación á data fixada para o escrutinio. Dita convocatoria deberá conter o calendario electoral e as normas complementarias necesarias para un correcto desenvolvemento da elección. Son electores todos os socios en plenitude dos seus dereitos. Son elixibles todos os socios que, estando en plenitude dos seus dereitos, teñan un mínimo dun ano de antigüidade e presenten a súa candidatura en tempo e forma. As candidaturas contarán cun número de membros igual aos postos a cubrir, constando os nomes dos propostos para Presidente/a, Vicepresidente/a, Secretario/a, Tesoureiro/a e dous Vogais. Da Xunta Electoral e das súas atribucións. O proceso electoral regularao unha Xunta Electoral, en número impar de compoñentes, designada pola Asemblea Xeral a proposta da Xunta Directiva. Ningún candidato á Xunta Directiva poderá ser membro da Xunta Electoral, que estará facultada para dirimir as posibles impugnacións e garantirá a liberdade e o segredo do voto. volver á axenda