Temos carné!

Desde xa, os nosos socios e socias teñen carné que acredita o seu vínculo cun colectivo que leva 60 anos de presenza na cidade. Servirá para gozar de tarifa reducida nas saídas do Ateneo viaxeiro, para entrar de xeito preferente, ata dez minutos antes do inicio,  nos actos con límite de aforo e mais para recibir como agasallo, en novembro, o libro no que recolleremos a nosa historia: “Ateneo de Pontevedra. Seis décadas de pensamento e compromiso”, escrito por Ramón Rozas, e apoiado con abundante documentación gráfica.

Ademais, o carné vai servir nas librarías Nobel, Paz e Metáfora para ter sempre un desconto na compra de libros e mesmo de papelaría. 

Máis motivos para asociarse!

Síguenos nas nosas redes: