Visita cultural a Porto

Visita cultural a Porto O Ateneo viaxeiro de outono levou unha boa representación de socias e socios ata a fundación Serralves, en Porto. Alí, no museo de arte contemporánea construído por Álvaro Siza, puideron admirar a obra do tamén arquitecto Frank Gehry, nunha exposición que inclúe vídeos, planos, fotos e grandes maquetas das súas principais obras; entre elas, o museo Guggenhein de Bilbao. Tamén puideron familiarizarse co traballo en múltiples formatos da artista Jenny Holzer, e mais coa pintura de Alice Neel nunha mostra antolóxica da súa obra, encadrada nunha figuración que atopa no retrato o seu mellor sinal de identidade. A visita rematou cun paseo polo amplo e magnífico xardín de Serralves. Ateneo Viaxeiro ir á axenda

Na Romaría Otero Pedrayo

Saída do Ateneo Viaxeiro a Trasalba en homenaxe a Otero Pedrayo o pasado sábado 20 de xuño coa Federación de Ateneos de Galicia

Viaxe cultural a Braga

Viaxe cultural a Braga Un numeroso grupo de socias e socios do Ateneo fixo unha viaxe cultural á cidade de Braga, tamén coñecida como a Cidade dos Arcebispos, ou a “Roma portuguesa”, pola súa importancia histórico-relixiosa. A xira incluíu visitas á basílica do Bom Jesús do Monte, o Museo Nogueira da Silva, O Fórum Arte Braga e a Livraría Centésima Página.

Síguenos nas nosas redes: