
Esta mañá, a nova directiva do Ateneo de Pontevedra presentou a renovación da imaxe do ateneo, a creación da nova web (ateneodepontevedra.gal) e a programación completa para este primeiro trimestre do ano.
Entre as actividades programadas destacan o ciclo “Figuras Pontevedresas” que dará comezo mañá ás 19:00 horas na Casa das Campás cunha conferencia adicada á figura de Alfonso Zulueta, primeiro presidente do ateneo e que estará impartida polo anterior presidente da institución, Xaime Toxo e mais Xosé Enrique Acuña, e o ciclo “Tambores de guerra” para o mes de marzo, con conferencias de Jesús Núñez Villaverde e de José Enrique de Ayala e un debate moderado por Luis Velasco.
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.