


A nosa entidade tivo un protagonismo destacado na velada convocada por Amigos de Pontevedra para entregar os seus premios anuais.
Ante preto de trescentos asistentes, o Ateneo recolleu un galardón que recoñece o labor desenvolvido desde 1966 a prol da cultura da nosa cidade.
O actual presidente, Luís Rei Núñez, salientou que o premio tocoulle recollelo á actual directiva, pero que en realidade lle correspondía recibilo a todas as directivas anteriores, nomeadamente as que presidiu Xaime Toxo, a figura que máis anos estivo á fronte do Ateneo; unha responsabilidade que ao longo dos anos tamén exerceron Antón Louro, Carlota Román, Juan Vidal Fraga ou Alfonso Zulueta.
–
Fotos: Juan Prieto
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.