Programa de iniciación á meditación

Desenvolvemento do curso de 4 semanas

Para seguir o curso non é necesario ter ningunha experiencia previa en meditación. Comeza con prácticas de relaxación e, aos poucos, introdúcense   prácticas de distintos tipos de meditación.

As sesións de meditación son de 15 minutos. Están gravadas en audios que se poden realizar de forma individual (na hora que cada persoa escolla) ou participando na sesión grupal que se fai diariamente a través de Zoom ás 8.00 da mañá, de luns a venres.

Nos días previos ao inicio da actividade, abrirase un chat de WhatsApp con todos os participantes neste programa e as sesións de meditación enviaranse a diario a través deste chat.

Estará creado dende o teléfono do grupo Meditación entre amigos: 681 06 76 00 (É importante ter en conta este número para aceptar a invitación ao chat, se é necesario).

Neste programa especial para o Ateneo de Pontevedra, complementamos o curso con encontros semanais nos que faremos un seguimento da práctica e trataremos distintos aspectos da meditación. Ademais, teremos a oportunidade de compartir un destes encontros co neurobiólogo Emiliano Bruner.

A participación na primeira reunión, o luns 9 de novembro, é fundamental para un bo seguimento e aproveitamento do curso.

Quen somos e que queremos?

Somos un grupo de amigos que dedicamos parte do noso tempo a compartir con outros amigos a experiencia de meditar.

Levamos meditando xuntos dende febreiro do 2020 e temos realizado máis de 20 cursos completos. No último período da primavera pasada eramos case 400 meditadoras e meditadores no grupo.

É importante destacar que ningún dos membros do grupo somos profesores de meditación e que todas as persoas que colaboramos na organización facémolo de xeito altruísta.

Para nós, a meditación (en concreto a meditación da atención plena) é un camiño que nos axuda a vivir mellor, a ser máis felices e a ter máis comprensión da nosa realidade. O que compartimos é o que aprendemos e seguimos a aprender, de diversas fontes e da nosa propia experiencia.

Contacto

Para calquera dúbida ou aclaración relacionada co contido ou desenvolvemento do curso, pódese contactar cos coordinadores, Chema Heras e Pilar Martínez, a través das seguintes canles:

– correo electrónico: meditacionentreamigos@gmail.com

– mensaxe de WhatsApp ao teléfono 681 06 76 00

Colabora

Síguenos nas nosas redes: