



A librería Metáfora acolleu, baixo a organización do Ateneo de Pontevedra, o acto de presentación da novela ‘Mazarelos‘ de Manuel Portas editada por Galaxia a través dunha conversa entre o autor do libro e Anxo González Guerra.
Un intelixente diálogo que transitou polo proceso de elaboración desta historia, baseada na sorprendente documentación atopada por Manuel Portas no Instituto Xelmírez do que foi mestre e director e que forma parte da historia de Compostela e de moitos dos seus veciños, algúns deles personaxes fundamentais da nosa historia e que forman parte destas páxinas.
A Praza de Mazarelos, tamén coñecida como Praza do Instituto, por esa presenza tras o traslado do seu primeiro emprazamento, é o latexo desta novela pola que Manuel Portas e Anxo González Guerra camiñaron como dous vellos amigos debullando os seus instantes e descubrindo cómo o lector pode atopar no seu argumento e escrita unha das grandes novelas históricas deste momento.
Fotos: JACINTO BARALLOBRE
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.