O Concello e o Ateneo selan a súa colaboración

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e o presidente do Ateneo, Luís Rei Núñez, asinaron un Protocolo da colaboración.

O seu obxecto é mellorar o coñecemento social da cultura galega e dos valores de progreso, solidariedade e respecto a ela ligados.

O Concello e o Ateneo comprométense a realizar de xeito conxunto actividades de difusión da cultura do país e das súas relacións con calquera outra cultura, e a promover a creación e a investigación cultural entre a cidadanía pontevedresa.

En virtude deste acordo, o Concello fará unha achega económica para o funcionamento do Ateneo acorde co papel que este vén desempeñando no tecido asociativo de Pontevedra ininterrompidamente desde a súa fundación en 1966, concretada na programación de máis de medio cento de actos cada ano.

O acordo asinado agora ten validez ata rematar decembro de 2027.

Síguenos nas nosas redes: