Ateneo de Pontevedra

O Ateneo créase en 1966 e as súas seis décadas de presenza ininterrompida fan que sexa un colectivo fundamental no tecido asociativo de Pontevedra.

Entre os seus fundadores estiveron Filgueira Valverde, Agustín Portela, Cuña Novás, Gonzalo Adrio, Lazcano Castedo ou Alfonso Zulueta, quen tamén foi o seu primeiro presidente.

O pluralismo e o galeguismo marcaron o seu rumbo desde o inicio e a progresiva incorporación de mulleres, ata supoñer na actualidade máis da metade do seu censo, fixo que o feminismo se incorporase xa como outro dos seus principais sinais de identidade.

Ademais, a declaración como entidade de utilidade pública outórgalle unha consideración fiscal especial, da que se beneficia tamén cada un dos seus socios.

Antigo local do Ateneo de Pontevedra, 1970

Síguenos nas nosas redes: