


O Ateneo recibe o recoñecemento de Amigos de Pontevedra, que salienta o labor desenvolvido pola nosa entidade nos seus primeiros 60 anos de historia, por ser “un piar fundamental no tecido asociativo e cultural da cidade”.
Esta distinción entregarase o venres 7 do agosto no decurso dunha cea na finca Batacos, na que os organizadores premian tamén a Ángela Paz, fundadora da asociación de enfermidades inflamatorias intestinais, ao xornalista Rafa Latorre, ao creador escénico Pablo Méndez, ao óptico e farmacéutico José Vilas, ao deportista paralímpico Juan Antonio Saavedra e á asociación Amigos da Pontevedrada, galardoada pola súa misión de apoio á doazón de órganos, sangue e tecidos.
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.