
O Ateneo de Pontevedra lamenta o pasamento de Xosé Manuel Beiras, unha das figuras esenciais do pensamento, a política e a sociedade galega dos últimos tempos dende o seu ideario nacionalista e cuxa presenza ao longo das seis décadas de existencia do Ateneo pontevedrés foi habitual, mesmo dende o seu comezo, coa intervención á que se refire a imaxe dunha palestra que tivo lugar o 13 de abril de 1966 co título ‘A rexión e a política socieconómica’ e na que está acompañado polo primeiro presidente do Ateneo de Pontevedra, Alfonso Zulueta de Haz. Participacións que quedarán reflectidas no libro sobre o Ateneo de Pontevedra de próxima publicación. A súa presenza tamén estivo anunciada para unha recente conversa no mes de xullo xunto a Emilio Pérez Touriño e Xosé Luis Barreiro Rivas sobre o ‘Estatuto de Autonomía de Galicia‘ pero á que non puido asistir por motivos de saúde.
_
Fotografía: Camilo Gómez/Diario de Pontevedra
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.