Antón Louro, Suso de Toro, Carlos Casares, Víctor Freixanes e Miguel Suárez Abel

No pasamento de Louro.
Un día triste para o Ateneo

O Ateneo lamenta o falecemento de quen foi presidente desta entidade entre os anos 1991 e 1996. O seu labor foi fundamental á hora do relanzamento do Ateneo tras varios anos dunha escasa actividade. Estreouse o 1 de marzo de 1991 cun acto sobre Creación Literaria e Industria que tivo lugar no Café Moderno e que protagonizaron Suso de Toro, Víctor Freixanes e Carlos Casares xunto a Miguel Suárez Abel, vogal do Ateneo de Pontevedra. A literatura, a arte ou a política foron as actividades que centraron a súa programación con presenzas tan relevantes como as de Santiago Carrillo, Manuela Carmena ou Ramón Tamames no eido da política; Manuel Rivas, Carlos Oroza, Andres Trapiello, Carmen Martín Gaite ou Almudena Grandes na escrita e José Luis Aranguren ou Eduardo Punset no eido do pensamento.

A súa elección como concelleiro no Concello de Pontevedra en 1996 afastouno dun Ateneo que sempre considerou fundamental para o correcto desenvolvemento das ideas na sociedade, sendo sucedido por Carlota Román en outubro dese ano.

Síguenos nas nosas redes: