Na Romaría Otero Pedrayo

Este día 20 de xuño realizamos o noso terceiro Ateneo viaxeiro do ano, a Trasalba, para sumarnos á Romaría Otero Pedrayo organizada pola Federación de Ateneos de Galicia.

Os 130 ateneístas participantes tivemos a oportunidade de coñecer polo miúdo a Casa Grande de Cimadevila, onde o gran Patriarca das letras galegas escribiu a maior parte das súas obras literarias en todos os xéneros. Foi da man de José Eduardo López Pereira e de Patricia Arias Chachero, presidente e secretaria da Fundación Otero Pedrayo, e a xornada incluíu o privilexio de asistir a un concerto no que Manoele de Felisa ofreceu a estrea das pezas recollidas no álbum que acaba de publicar con poemas oterianos musicados por el: “D’Felisa a Otero Pedrayo”.

Houbo tamén un xantar de irmandade á sombra do souto ao que Otero lle cantou no poema “Teño vinte castiñeiros”.

Foi un día ben completo.

Síguenos nas nosas redes: