






O recordo do editor e poeta Sabino Torres protagonizou unha nova sesión do ciclo “Figuras pontevedresas”, programado polo Ateneo para homenaxear persoas que deixaron na cidade unha pegada inesquecible.
Falaron de Sabino, quen tamén foi un grande activista cultural, o seu sobriño Gerardo Lorenzo, que debullou saborosas anécdotas produto da súa moi estreita relación familiar, e a profesora Ana Acuña, que contextualizou a súa obra literaria, en poesía e prosa. Ambos os dous, Gerardo e Ana, son ademais destacados ateneístas.
É intención do Ateneo que estes recoñecementos a figuras importantes da nosa historia máis inmediata teñan continuidade ao longo dos vindeiros meses.
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.