Alfonso Zulueta de Haz: a procura da Nación

Conferencia: "Alfonso Zulueta de Haz: a procura da Nación"

Data
Mércores 11 de Febreiro

Hora
[hora_evento_24h]

Lugar
Casa das Campás

Interveñen
Xaime Toxo e Xosé Enrique Acuña

Acceso
Entrada libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra organiza a conferencia “Alfonso Zulueta de Haz: a procura da Nación“, arredor da figura de Alfonso Zulueta de Haz e impartida por Xaime Toxo e Xosé Enrique Acuña dentro do ciclo Figuras Pontevedresas.

O acto terá lugar o vindeiro mércores 11 de febreiro, ás 19:00 horas, na Casa das Campás.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Sobre Zulueta

Notario de profesión, foi un dos fundadores do Ateneo de Pontevedra, presidente do Partido Galego Social Demócrata, do Consello da Cultura Galega e da Fundación Penzol e da Editorial SEPT, así como vicepresidente de Editorial Galaxia.

Sobre o ciclo Figuras Pontevedresas

Ao longo de 2026 convócase a memoria de persoas que, tras a súa desaparición, e por distintos motivos, deixaron unha pegada importante na memoria da cidade. O seu rescate correrá a cargo, segundo os casos, de discípulos, familiares ou persoas que os coñeceron ben ou os converteron en materia de estudo.

Colabora

Vicerreitoría de Pontevedra
 

Síguenos nas nosas redes: