
Data
Martes 17 de Marzo
Hora
[hora_evento_24h]
Lugar
Paraninfo IES Valle-Inclán
Modera
Luis Velasco Martínez
Interveñen
Alba Quiroga Veiga, Alberto Ledo Álvarez, Guillermo Juncal Peñas
Acceso
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra organiza a palestra “Volve o servizo militar?” moderada polo profesor de Historia Contemporánea da Universidade de Vigo, Luis Velasco Martínez e na que participan representantes das organizacións xuvenís dos partidos: Alba Quiroga Veiga (Galiza Nova), Alberto Ledo Álvarez (Xuventudes Socialistas) e Guillermo Juncal Peñas (Novas Xeracións).
O acto terá lugar o vindeiro martes 17 de marzo ás 19:00 horas, no Paraninfo do IES Valle-Inclán.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Luis Velasco Martínez
Profesor de Historia Contemporánea na Universidade de Vigo.
Doutor pola Universidade de Santiago de Compostela coa tese “A Nación Marcial Servizo Militar Obrigatorio e educación patriótica en España, 1898-1982” (2020).
Alba Quiroga Veiga
Milita en Galiza Nova e, dende 2023, é responsábel da zona de Erguer en Pontevedra.
Dende o ano 2024 cursa 2º de Bacharelato na súa cidade natal.
Alberto Ledo Álvarez
Secretario xeral das Xunventudes Socialistas de Pontevedra dende 2023.
Técnico en Administración e Finanzas.
Guillermo Juncal Peñas
Presidente de Novas Xeracións de Pontevedra dende 2018.
Graduado en Dereito (USC) e Máster en Avogacía (UVigo). Xogador, directivo e adestrador de categorías inferiores no Mareantes Rugby Club Pontevedra e tamén seleccionador galego de rugby.
Sobre o ciclo Tambores de guerra
Hai catro anos Rusia invade parte de Ucrania e iso fai que Europa volva vivir unha guerra dentro das súas fronteiras. En xaneiro de 2026, os Estados Unidos de Donald Trump atacan militarmente Venezuela e secuestran o seu presidente. Ademais, o presidente norteamericano desiste de manter o liderado do seu país na OTAN e a Unión Europea enfróntase ao dilema de avanzar no asunto permanentemente adiado da organización da súa estratexia de defensa. Fálase de investimentos nunca vistos para dotarse dun arsenal militar de disuasión e de aumentar as tropas, mesmo recuperando o servizo militar; de momento, nos primeiros países en promovelo, voluntario.
Colabora
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.