
Data
Mércores 14 de Outubro
Hora
19:00 h
Lugar
Salón actos, Edificio Administrativo, Xunta de Galicia (rúa Benito Corbal)
Intervén
Serxio Barral, Pepa Vázquez e Javier Garrido Valenzuela
Acceso
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra organizan a palestra titulada “Vender, alugar, mercar” na que participarán a traballadora social Pepa Vázquez e o promotor inmobiliario Javier Garrido Valenzuela dentro do ciclo A vivenda, un dereito ou un imposible?.
O acto, moderado polo xornalista Serxio Barral, terá lugar o vindeiro mércores 14 de outubro ás 19:00 horas no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (rúa Benito Corbal).
A entrada é libre ata completar capacidade.
Pepa Vázquez
Traballadora Social e Terapeuta Gestalt. Coordinadora da asociación de inclusión social Boa Vida desde hai 14 anos e promotora dos programas de vivenda, “Vida acompañada” e “Fogares creativos”. O seu percorrido profesional está ligado ao acompañamento das persoas e á creación de contornas que favorezan vidas máis autónomas, significativas e conectadas coa comunidade.
Javier Garrido Valenzuela
Director dunha empresa de promoción inmobiliaria, preside a Asociación de Promotores Inmobiliarios da Provincia de Pontevedra (Aproin) dende 2007. Tamén foi vicepresidente da Confederación de Empresarios de Pontevedra, e membro do Consello Social da Universidade de Vigo en representación da Confederación de Empresarios de Pontevedra en 2012.
Sobre o ciclo A vivenda, un dereito ou un imposible?
O artigo 47 da Constitución recoñece o dereito fundamental de todos os españois a desfrutar dunha vivenda digna e axeitada, obrigando os poderes públicos a promover as condicións necesarias para facelo efectivo, regular o uso do solo para evitar especulacións e asegurar a participación comunitaria nas plusvalías urbanísticas. Con todo, os prezos da compra e do aluguer semellan non ter freo e as medidas aprobadas polo Goberno e as comunidades autónomas non acaban de ter un impacto que permita albiscar unha mellora. Así as cousas, as enquisas dos últimos tempos, non só en Galicia e no resto do Estado, senón tamén en gran parte de Europa, revelan que a vivenda é a primeira preocupación para a maioría dos cidadáns e das familias. É o momento de preguntarse: a vivenda, un dereito ou un imposible?
Colabora
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.