Data
Sábado 20 de Xuño
Saída
09:00 h (praza de Galicia)
Destino
Trasalba, Ourense
Prezo
socios: 55 € | non socios: 65 €
No Ano Otero Pedrayo, ao facer 100 da publicación da súa Xeografía de Galicia e 50 do seu pasamento, o noso Ateneo viaxeiro súmase á Romaría que con tal motivo organiza a Federación de Ateneos de Galicia, en Trasalba (Ourense).
Programa:
11.00 h: Recepción na sede da Fundación Otero Pedrayo, por directivos da mesma.
Roteiro por Trasalba.
Visita guiada ao Pazo de Trasalba (Casa Museo Otero Pedrayo)
Construído no século XVIII, destaca pola súa arquitectura tradicional, rodeado dunha paisaxe rural idílica, con xardíns, bosques e vistas ao val do río Miño. Residencia de Otero Pedrayo, aquí desenvolveu gran parte da súa obra, sendo o lugar onde escribiu algúns dos seus libros máis importantes. Hoxe en día, alberga o Museo dedicado á vida e obra do autor, ofrecendo a posibilidade de mergullarse no universo do escritor, cunha coidada exposición de obxectos persoais, manuscritos, mobiliario orixinal e recordos familiares. Ademais, consérvanse intactos os espazos onde traballaba, como a súa biblioteca e o seu despacho.
Proxección do documental: “Otero Pedrayo, dereito á paisaxe”.
Concerto de Manoele de Felisa (estrea do seu disco baseado en poemas de Otero Pedrayo).
Xantar, servido pola Pulpería Tinoco de Celanova (mesas e carpa).
→ Menú: entrantes, empanada, queixo e xamón; primeiro, media ración de polbo por persoa; segundo, carne ao caldeiro con cachelos; sobremesa, bica e torta de mazá.
Bebidas: viño branco, tinto, auga, refrescos.
Café e chupitos.
Recital poético a Otero Pedrayo, por parte dos Ateneos.
Actuación da Banda de Música Tradicional de Amoeiro.
19.00 h: Saída das persoas participantes cara aos lugares de orixe.
Inscricións
As persoas que desexen inscribirse, poden facelo a través do correo electrónico info@ateneodepontevedra.gal ata o venres 5 de xuño, indicando nome, apelidos, DNI, data de nacemento (para o seguro) e teléfono de contacto.
Unha vez recibida e procesada a solicitude enviaremos un correo de confirmación da inscrición.
Organiza
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.