
Data
Sábado 25 de Abril
Hora
[hora_evento_24h]
Lugar
Pazo de Mugartegui
Intervén
Proxecto Loaira
Acceso
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra, dentro do ciclo 25 de abril, sempre, organiza o concerto “Lembrando o Zeca, cantando o Grândola” do grupo Loaira onde interpretarán un repertorio portugués e cantata popular.
O acto terá lugar o vindeiro sábado 25 de abril ás 19:30 horas, no Pazo de Mugartegui (Praza da Pedreira).
A entrada é libre ata completar capacidade.
Loaira
Para este concerto realizarase unha intervención de cinco ou seis temas, cun fío condutor arredor da obra de Xosé Afonso, sendo Grândola, Vila Morena o eixo central do repertorio.
A proposta busca artellar unha pequena viaxe musical arredor do universo de Zeca, cun enfoque coidado e emotivo.

A formación está composta por:
– Uxía Cribeiro (voz e percusión)
– Lola de Ribeira (voz e percusión)
– Iván Abal (zanfona)
– Álvaro Cardalda (acordeón e teclados)
– Miguel Fraguas (percusións)
Sobre o ciclo 25 de abril, sempre
Como en anos anteriores, o Ateneo de Pontevedra invita aos pontevedreses a volver os ollos á cultura e sociedade de Portugal, traendo ata nós o testemuño de cronistas e escritores portugueses.
Asemade, lémbrase a Revolución dos Cravos cunha tarde festiva arredor da canción de José Afonso que serviu como sinal de arranque para que o Movemento das Forzas Armadas lánzase o operativo que desembocou na remuda política dunha ditadura á democracia.
Colabora
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.