Ateneo de Pontevedra

Seis décadas de pensamento e compromiso

Data
Mércores 18 de Novembro

Hora
20:00 h

Lugar
Arquivo Provincial (rúa Padre Amoedo, 1)

Intervén
Ramón Rozas

Acceso
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra organiza o relatorio “Ateneo de Pontevedra. Seis décadas de pensamento e compromiso” do xornalista cultural Ramón Rozas, dentro do ciclo Seis décadas do noso Ateneo.

O acto terá lugar o vindeiro mércores 18 de novembro ás 20:00 horas no Arquivo Provincial de Pontevedra (rúa Padre Amoedo, 1).

A entrada é libre ata completar capacidade.

Ateneo de Pontevedra. Seis décadas de pensamento e compromiso

O xornalista cultural de Diario de Pontevedra e secretario do Ateneo, Ramón Rozas, presenta o relatorio titulado ‘Ateneo de Pontevedra. Seis décadas de pensamento e compromiso‘ onde se percorre o vizoso tempo de vida do Ateneo de Pontevedra dende a constitución da súa primeira Xunta Directiva, un 18 de novembro de 1966.

Unha pequena palestra na que o xornalista realizará un itinerario pola historia do Ateneo pontevedrés a través do tempo e no que numerosos veciños desta vila e convidados pasaron a formar parte dunha historia que é a do compromiso coa cultura e de promover o diálogo na nosa sociedade.

O acto servirá tamén como presentación do libro do xornalista, de próxima publicación e que leva o mesmo título do relatorio.

Ramón Rozas

Licenciado en Historia da Arte por a USC, compaxina a súa actividade profesional en Diario de Pontevedra co comisariado artístico e a participación en catálogos e publicacións culturais.

É tamén membro do Consello da Cultura Galega na sección de creación e artes visuais contemporáneas.

No 2026 formou parte do xurado do Premio Nacional de Narrativa.

Sobre o ciclo 60 anos do noso Ateneo

O 18 de novembro de 1965 o Ateneo de Pontevedra celebraba a súa sesión inaugural coa presenza do escritor romanés Vintila Horia. Nacía así o primeiro Ateneo de Galicia coa vocación de fomentar diferentes actividades culturais.

Sesenta anos despois, o Ateneo organiza unha serie de actividades para conmemorar o seu inicio.

Colabora

Deputación de Pontevedra
 

Síguenos nas nosas redes: