
Data
Mércores 3 de Xuño
Hora
19:00 h
Lugar
Edificio Castelao, Museo de Pontevedra
Intervén
Ramón Villares
Acceso
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra e o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra organizan o relatorio Estatuto do 36. Referente político e “lugar de memoria” do historiador Ramón Villares dentro do ciclo 90 anos do Estatuto.
O acto terá lugar o vindeiro mércores 3 de xuño ás 19:00 horas no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Ramón Villares
Historiador. Catedrático de Historia Contemporánea da Universidade de Santiago de Compostela.
Autor de “Historia de Galicia” e de “Figuras da nación”.
Sobre o ciclo 90 anos do Estatuto
En febreiro de 1936, o resultado das eleccións xerais en España, co triunfo da Fronte Popular, abriu a posibilidade de someter a plebiscito o Estatuto de Autonomía de Galicia que estivera redactándose case desde a chegada da República. Finalmente fixouse unha data, o 28 de xuño de 1936, e a aprobación de xeito masivo e mais o que veu despois é xa parte dunha historia do país que traemos a debate agora, noventa anos despois de que a sublevación militar e a vitoria do bando franquista na guerra civil anulase a entrada en vigor daquel Estatuto.
Colabora
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.