Transición e Estatuto de Autonomía

Tradicións e esixencias constitucionais

Relatorio de Francisco Caamaño

Data
Mércores 10 de Xuño

Hora
19:00 h

Lugar
Edificio Castelao, Museo de Pontevedra

Intervén
Francisco Caamaño

Acceso
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra e o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra organizan o relatorio Transición e Estatuto de Autonomía. Tradicións e esixencias constitucionais do xurista Francisco Caamaño dentro do ciclo 90 anos do Estatuto.

O acto terá lugar o vindeiro mércores 10 de xuño ás 19:00 horas no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Francisco Caamaño

Ex-ministro de Xustiza.

Xurista. Catedrático de Dereito Constitucional da Universidade da Coruña.

Autor de “Democracia federal. Apuntes sobre España“, e de “O autogoberno de Galicia. Fundamentos e institucións”.

Sobre o ciclo 90 anos do Estatuto

En febreiro de 1936, o resultado das eleccións xerais en España, co triunfo da Fronte Popular, abriu a posibilidade de someter a plebiscito o Estatuto de Autonomía de Galicia que estivera redactándose case desde a chegada da República. Finalmente fixouse unha data, o 28 de xuño de 1936, e a aprobación de xeito masivo e mais o que veu despois é xa parte dunha historia do país que traemos a debate agora, noventa anos despois de que a sublevación militar e a vitoria do bando franquista na guerra civil anulase a entrada en vigor daquel Estatuto.

Colabora

Deputación de Pontevedra
 

Síguenos nas nosas redes: