
Data
Luns 26 de Outubro
Hora
19:30 h
Lugar
Biblioteca IES Valle-Inclán
Intervén
Camiño Noia
Acceso
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra organiza xunto co Ateneo Atlántico de Vigo o relatorio titulado “A tradición narrativa, onte e hoxe” da filóloga Camiño Noia.
O acto terá lugar o vindeiro luns 26 de outubro ás 19:30 horas na Biblioteca do IES Valle-Inclán.
A entrada é libre ata completar capacidade.
O relatorio
Falaranos da narrativa de tradición oral. Dos valores e usos nunha sociedade comunitaria que vive do traballo manual e que precisa da maxia do sobrenatural. Un mundo perdido e descoñecido hoxe. Na actualidade a maxia está nos aparellos e chámase IA. Barruntarase sobre a necesidade de volver, en certa maneira, á transmisión dos valores da oralidade.
Camiño Noia
Camiño Noia, catedrática de Lingua e Literatura galegas na universidade de Vigo, foi decana da súa Facultade de Filoloxía. En 1989 inaugurou a Cátedra de Estudos Galegos en Nova York, e tamén foi profesora convidada na Facultade de Letras da universidade de Buenos Aires. Como directora do Departamento de Lingua e Literatura Galegas de Universidade de Vigo actuou de madriña nos doutoramentos honoris causa de Xosé Filgueira Valverde e Xosé Luís Méndez Ferrín.
Colabora
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.