Val tan doce e sombrío

Presentación do poemario de Francisco X. Fernández Naval

Data
Luns 22 de Xuño

Hora
19:00 h

Lugar
Libraría Paz

Interveñen
Míriam Ferradáns, Luís Rei e Francisco X. Fernández Naval

Acceso
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra e a editorial Kalandraka organizan a presentación do poemario “Val tan doce e sombrío” de Francisco X. Fernández Naval, editado pola editorial Kalandraka.

O acto, no que intervirán a poeta Míriam Ferradáns, o director da colección Tambo, Luís Rei, e o autor, Francisco X. Fernández Naval, terá lugar o vindeiro luns 22 de xuño ás 19:00 horas na Libraría Paz.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Resumo

Este é un poemario absolutamente a favor da lembranza conmovida, nado por e para unha nai que cegou dúas veces; unha polo glaucoma, e a outra polo cruel esquecemento. Mais, tamén, unha nai que nunca perdeu nin a tenrura nin a luz.

Francisco Xosé Fernández Naval

Escritor de moitos rexistros: poeta, narrador, ensaísta. É autor de máis de trinta títulos, polos que recibiu premios como o Xerais, o Cidade de Ourense, ou o Irmandade do Libro.

Colaboran

Editorial Kalandraka e Libraría Paz
 

Síguenos nas nosas redes: