
Data
Venres 13 de Novembro
Hora
20:00 h
Lugar
Área acristalada, Edificio Castelao, Museo de Pontevedra
Intervén
Xosé Fortes Bouzán, Susana Regueira e Ramón Villares
Acceso
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación do libro “O Consello de Galiza. Política galega no exilio” de Ramón Villares.
O acto, no que intervirán Xosé Fortes Bouzán, Susana Regueiro e Ramón Villares, terá lugar o vindeiro venres 13 de novembro ás 20:00 horas na área acristalada do Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
A entrada é libre ata completar capacidade.
O Consello de Galiza. Política galega no exilio
Trata do Consello de Galiza, fundado no exilio de Buenos Aires e Montevideo en novembro de 1944 e primeira institucionalización do autonomismo galego, apoiada na vontade política expresada no plebiscito estatutario do 28 de xuño de 1936. O autor traza neste ensaio un relato que atende á historia interna de Galicia, pero que se esforza por lle dar un enfoque comparado, tal como a propia temática esixe e, ao tempo, analizar o esforzo dos exiliados para colocar a causa política galega nunha dimensión internacional.
Ramón Villares
Foi presidente do Consello da Cultura Galega (2006-2018), decano da Facultade de Xeografía e Historia (1986-1990) e reitor da Universidade de Santiago de Compostela (1990-1994), e é un dos historiadores galegos con maior prestixio.
Na súa obra destacan os títulos Foros, frades e fidalgos (1982, Premio da Crítica Galicia), Desamortización e réxime de propiedade (1994), ou Figuras da nación (1997), ademais de A Historia (1984) e Historia de Galicia (2004, 2016), onde ofrece unha visión sintética das grandes etapas da historia galega.
Colabora
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.