Data
Xoves 28 de Maio
Hora
19:00 h
Lugar
Libraría Paz
Interveñen
Antón Masa Vázquez e Xurxo Estévez
Acceso
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra organiza a a presentación do libro “Notas (*) ao pé de páxina” de Xurxo Estévez.
O acto, presentado polo presidente da APDR, Antón Masa Vázquez, terá lugar o vindeiro xoves 28 de maio ás 19:00 horas, na Libraría Paz.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Resumo
Un resumo do libro? Tres frases curtas e corenta e oito Notas ao pé de páxina, polas que circulan feministas, o Imperio romano, a Táboa Redonda e Bob Dylan, alén do lumpemproletariado, a Real Academia e os Mártires de Carral, os celtas, a queimada, a Divina Comedia e anacos da Historia da Galiza. Tamén, como non, a CIA, os ianomamis, os rusos e a Conferencia Episcopal. E non podían faltar o papa, as pastoriñas de Fátima… e os apóstolos ou algo así… En fin…
O autor
En 1971 foi expulsado do Brasil pola ditadura e, desde entón, viviu longas temporadas en Valencia, Lisboa, por dúas veces, e Galicia. A súa traxectoria inclúe incursións no teatro, a música, o activismo pacifista e o cultivo na novela, a poesía e a videocración.
Colabora
Libraría Paz
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.