Data
Martes 5 de Maio
Hora
19:00 h
Lugar
Librería Metáfora
Interveñen
Manuel Portas e Anxo González Guerra
Acceso
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación do libro Mazarelos, do escritor Manuel Portas.
O acto, no que intervirán Anxo González Guerra e Manuel Portas, terá lugar o vindeiro martes 5 de maio ás 19:00 horas, na librería Metáfora.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Resumo
Helena, profesora xubilada, novela as orixes do instituto histórico en que traballou e polo que pasaron figuras centrais da intelectualidade galega do século XIX. De carácter difícil, mesmo discute cos personaxes que participan na trama da súa historia. Dous deles, Aurelio Aguirre e Eduardo Pondal, exalumnos do centro, xunto co pontevedrés Luís R. Seoane, andan atarefados preparando un revolucionario banquete de confraternidade con obreiros e artesáns que van celebrar en Conxo. Pola súa banda, Xosé López Amarante, director do instituto, vive obsesionado con que o edificio dos xesuítas, en Mazarelos, sexa todo el destinado ao ensino, evitando así as tensións que mantén cos habitantes que por caridade ocupan o terceiro andar, entre eles un carpinteiro e a súa filla, Candeloria, cos que ten enfrontamentos frecuentes.
O autor
Nado en Barcelona en 1960, é un escritor e sociolingüista galego, arousán por ascendencia paterna e compostelán por adopción. Iniciou a súa carreira docente na Universidade de Santiago de Compostela, nol Departamento de Filoloxía Galega, para continuar o seu camino no ensino medio. A súa obra narrativa confórmana Denso recendo a salgado, 2010, Un dedo manchado de tinta, 2011, Faneca Brava, 2013, Amor en alpargatas, 2015, e Unha cervexa Chang, 2022.
Colabora
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.