Data
Domingo 31 de Maio
Hora
12:00 h
Lugar
Área acristalada, Edificio Castelao, Museo de Pontevedra
Interveñen
Rosario Álvarez, Marcos Calveiro e Luís Rei
Acceso
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación da novela “Elas dúas” (premio Álvaro Cunqueiro de novela) do escritor Luís Rei.
O acto, no que intervirán Rosario Álvarez, catedrática de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago e presidenta do Consello da Cultura Galega, Marcos Calveiro, director de edicións da Editorial Galaxia, e Luís Rei, terá lugar o vindeiro domingo 31 de maio ás 12:00 horas, no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Resumo
Na Pontevedra da década de 1950, son unha profesora que ama a música e unha alumna que ama os xardíns, sometidas ás intermitencias dun ir e vir sentimental que as endurece. Este libro é a reconstrución dunha historia de pequenos segredos e un grande amor entre mulleres empeñadas en ser donas de si mesmas antes de soñarmos sequera con que iso podía soñarse. Cóntanola, catro décadas despois dos feitos e cando acaban de revelarllos a ela, unha filla que tivo dúas nais.
O autor
As súas novelas foron recoñecidas con premios como o Xerais, o da Crítica Española, o Irmandade do libro, o Blanco Amor ou o Álvaro Cunqueiro. Tamén poeta (Estrela do norte e As sílabas do mundo), desde 2000 dirixe a colección de poesía Tambo e, desde 2025, preside o Ateneo de Pontevedra.
Colabora
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.