Presentación do libro "Benito Soto, terror en la mar"

Data
Mércores 30 de Setembro

Hora
19:00

Lugar
Liceo Casino

Interveñen
Manuel García Lastra e Juan Campos Calvo-Sotelo

Prezo
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación do libro “Benito Soto, terror en la mar” de Juan Campos Calvo-Sotelo, editado por Cartamar Ediciones.

O acto, no que intervirán Manuel García Lastra e Juan Campos Calvo-Sotelo, terá lugar o vindeiro mércores 30 de setembro ás 19:00 horas no Liceo Casino.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Resumo

Benito Soto, terror en la mar, subtitulado “Leyenda y realidad del más famoso pirata gallego”, é un relato apoiado en documentación histórica que cuestiona versións repetidas durante décadas, e que achega datos inéditos sobre unha figura convertida adoito en personaxe romántico, antes ca en protagonista dunha sucesión de crimes.

Juan Campos Calvo-Sotelo

Juan Campos naceu en Cuntis (1948), aínda que se criou en Madrid, onde estudou filosofía. Tamén estudou psicoloxía en Dublín e psicoterapia en Londres, e traballou como profesor de idiomas, intérprete, chofer, educador infantil e psicoterapeuta.

Colabora

Liceo Casino
 

Síguenos nas nosas redes: