Data
Xoves 18 de Decembro
Hora
[hora_evento_24h]
Lugar
Casa das Campás
Interveñen
Amada Traba, Priscila Retamozo, Chis Oliveira, Sara Torres e Lola Varela
Prezo
Entrada libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra organiza a presentación do libro “As trampas da pornografía. A sexualidade que desexamos” de Amada Traba, Priscila Retamozo e Chis Oliveira.
O acto, presentado pola profesora de Socioloxía Sara Torres, terá lugar o vindeiro xoves 18 de decembro ás 19:00 horas, na Casa das Campás. As autoras estarán tamén acompañadas pola docente e escritora Lola Varela.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Resumo
Falar de sexualidade non corrompe: educa, coida e transforma.
Non debería ser tabú que alimente medos, vergoñas ou silence violencias. É un dereito, unha forma de relacionarse, de coñecemento emocional e corporal compartido.
Este libro é unha invitación urxente e necesaria a repensar a educación xual que ofrecemos –ou evitamos ofrecer– a nenas, nenos e adolescentes, cando a pornografía parece impoñerse como a principal escola informal, que ensina sen explicar e educa sen que lle pregunten nunha sexualidade xerárquica e desigual entre homes e mulleres, que obxetualiza os corpos e erotiza a dominación e a violencia.
Sen embargo, non se trata só de denunciar os efectos da pornografía ou insistir na prevención e os riscos sexuais, senon de ofrecer ferramentas para concebir a sexualidade como un territorio de liberdade, consentimento e bo trato.
Dende unha mirada feminista, crítica e inclusiva, as súas autoras indagan nas claves dunha cultura alternativa do desexo, do corpo e do pracer. Esta obra interpela ás familias, profesorado e á sociedade no seu conxunto a cuestionar o aprendido, a revisar os imaxinarios e os vínculos entre sexuaalidade, igualdade e xustiza social.
Amada, Priscila e Chis son tres voces feministas de distintas xeracións que, dende a súa traxectoria nas ciencias sociais e a coeducación, apostan por unha mirada transformadora sobre a pornografía e a educación sexual.
Colabora
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.