Os heroísmos descoñecidos da Revolución dos Caraveis

Conferencia de Tereixa Constenla

Data
Xoves 23 de Abril

Hora
[hora_evento_24h]

Lugar
Salón actos, Edificio Administrativo, Xunta de Galicia

Intervén
Tereixa Constenla

Acceso
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra organiza a conferencia “Os heroísmos descoñecidos da Revolución dos Caraveis” da xornalista Tereixa Constenla dentro do ciclo 25 de abril, sempre.

O acto terá lugar o vindeiro xoves 23 de abril ás 19:00 horas no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (rúa Benito Corbal).

A entrada é libre ata completar capacidade.

Tereixa Constenla

Tereixa Constenla naceu en Arca, unha aldea da Estrada, en 1968. Foi correspondente de El País en Lisboa entre xullo de 2021 e febreiro de 2026.

En 2021 publicou Cuaderno de urgencias, un libro autobiográfico de amor e dó.

Dedicou á revolución portuguesa, no seu cincuenta aniversario, a crónica histórica Abril é un país (2024, Kalandraka, en galego e en portugués; e Tusquets en castelán). 

Sobre o ciclo 25 de abril, sempre

Como en anos anteriores, o Ateneo de Pontevedra invita aos pontevedreses a volver os ollos á cultura e sociedade de Portugal, traendo ata nós o testemuño de cronistas e escritores portugueses.

Asemade, lémbrase a Revolución dos Cravos cunha tarde festiva arredor da canción de José Afonso que serviu como sinal de arranque para que o Movemento das Forzas Armadas lánzase o operativo que desembocou na remuda política dunha ditadura á democracia.

Colabora

 
 

Síguenos nas nosas redes: