O problema da vivenda

Relatorio de Javier Burón

Data
Mércores 7 de Outubro

Hora
19:00 h

Lugar
Salón actos, Edificio Administrativo, Xunta de Galicia (rúa Benito Corbal)

Intervén
Javier Burón

Acceso
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra e a Deputación de Pontevedra organizan o relatorio O problema da vivenda do avogado Javier Burón dentro do ciclo A vivenda, un dereito ou un imposible?

O acto terá lugar o vindeiro mércores 7 de outubro ás 19:00 horas no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (rúa Benito Corbal).

A entrada é libre ata completar capacidade.

Javier Burón

Licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto, e Máster en Asesoría Fiscal e mais en Business Administration. Foi consultor en políticas e servizos públicos e avogado especializado en dereito público (Cuatrecasas Gonçalves Pereira), e mais viceconselleiro de Vivenda do Goberno Vasco e xerente de Vivenda no concello de Barcelona. Actualmente é director xerente de NASUVINSA, empresa pública de solo industrial, vivenda e cohesión territorial do Goberno de Navarra.

É autor do libro El problema de la vivienda. Cómo desactivar la bomba de relojería que amenaza con colapsar España.

Sobre o ciclo A vivenda, un dereito ou un imposible?

O artigo 47 da Constitución recoñece o dereito fundamental de todos os españois a desfrutar dunha vivenda digna e axeitada, obrigando os poderes públicos a promover as condicións necesarias para facelo efectivo, regular o uso do solo para evitar especulacións e asegurar a participación comunitaria nas plusvalías urbanísticas. Con todo, os prezos da compra e do aluguer semellan non ter freo e as medidas aprobadas polo Goberno e as comunidades autónomas non acaban de ter un impacto que permita albiscar unha mellora. Así as cousas, as enquisas dos últimos tempos, non só en Galicia e no resto do Estado, senón tamén en gran parte de Europa, revelan que a vivenda é a primeira preocupación para a maioría dos cidadáns e das familias. É o momento de preguntarse: a vivenda, un dereito ou un imposible?

Colabora

Deputación de Pontevedra
 

Síguenos nas nosas redes: