No aniversario de Valle-Inclán

Data
Mércores 28 de Outubro

Hora
19:00 h

Lugar
Paraninfo IES Valle-Inclán

Intervén
Pablo Landín e Ramón Rozas

Acceso
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra organiza, no aniversario de Valle-Inclán, unha xornada con dúas charlas:

– “Valle-Inclán na fin de século (1888-1895)”, charla impartida por Pablo Landín.

– “Valle-Inclán. Un centenario sesenta anos despois”, charla impartida por Ramón Rozas.

O acto terá lugar o vindeiro mércores 28 de outubro ás 19:00 horas no Paraninfo do IES Valle-Inclán.

A entrada é libre ata completar capacidade.

Valle-Inclán na fin de século (1888-1895)

Valle-Inclán saca á luz en prensa a súa primeira publicación estando en Santiago. Corría o ano de 1888, e desde entón cultivou todo tipo de escritos ―crónicas, cartas, conferencias, relatos e algún libro―. O presente traballo ofrece unha panorámica xeral destas publicacións ata 1895, durante a estancia do escritor en Santiago, México e Pontevedra, antes de emprender a súa aventura literaria cara a Madrid. A finalidade deste relatorio é desentrañar as técnicas, ideas e temas recorrentes que van conformar o mundo ficcional das súas futuras producións literarias.
 

Valle-Inclán. Un centenario sesenta anos despois

O ano 1966 conmemorouse o centenario do nacemento de Ramón Mª del Valle-Inclán, o gran escritor que marcou boa parte da literatura da primeira metade do século XX en España e cuxa pegada en Pontevedra e no Salnés era ben evidente. Nese ano diferentes entidades sumáronse a dita celebración. O Instituto Feminino pasou a denominarse Instituto Valle-Inclán, o Ateneo de Pontevedra, que se constituíra apenas un ano antes, realizou unha programación con charlas, unha exposición bibliográfica e representacións teatrais, e o Diario de Pontevedra lle adicou un vizoso especial con diferentes firmas que trataron temas vencellados a súa obra e personalidade.
 

Colabora

IES Valle-Inclán
 

Síguenos nas nosas redes: