
Data
Mércores 17 de Xuño
Hora
19:00 h
Lugar
Edificio Castelao, Museo de Pontevedra
Intervén
Xosé Luís Barreiro, Xosé Manuel Beiras e Emilio Pérez Touriño
Acceso
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra e o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra organizan a mesa redonda O Estatuto de 1981. Balance de 45 anos coa participación de Xosé Luís Barreiro, Xosé Manuel Beiras e Emilio Pérez Touriño, dentro do ciclo 90 anos do Estatuto.
O acto terá lugar o vindeiro mércores 17 de xuño ás 19:00 horas no Edificio Castelao do Museo de Pontevedra.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Xosé Luís Barreiro (Forcarei, 1949)
Ex-vicepresidente da Xunta de Galicia.
Xosé Manuel Beiras (Santiago de Compostela, 1936)
Ex-portavoz nacional do BNG.
Emilio Pérez Touriño (A Coruña, 1948)
Ex-presidente da Xunta de Galicia.
Sobre o ciclo 90 anos do Estatuto
En febreiro de 1936, o resultado das eleccións xerais en España, co triunfo da Fronte Popular, abriu a posibilidade de someter a plebiscito o Estatuto de Autonomía de Galicia que estivera redactándose case desde a chegada da República. Finalmente fixouse unha data, o 28 de xuño de 1936, e a aprobación de xeito masivo e mais o que veu despois é xa parte dunha historia do país que traemos a debate agora, noventa anos despois de que a sublevación militar e a vitoria do bando franquista na guerra civil anulase a entrada en vigor daquel Estatuto.
Colabora
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.