
Data
Xoves 12 de Marzo
Hora
[hora_evento_24h]
Lugar
Paraninfo IES Valle-Inclán
Intervén
José Enrique de Ayala
Acceso
Acceso prioritario para ateneístas ata as 18:50 h, despois entrada libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra organiza a a conferencia “Está Europa en perigo?” impartida polo xeneral retirado José Enrique de Ayala, dentro do ciclo Tambores de Guerra.
O acto terá lugar o vindeiro xoves 12 de marzo ás 19:00 horas, no Paraninfo do IES Valle-Inclán.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Está Europa en perigo?
A guerra en Ucraína e o seu incerto resultado, xunto coa indiferenza do presidente dos Estados Unidos cara á OTAN e a súa aberta hostilidade cara á Unión Europea, produciron unha certa psicose de perigo inminente en moitos países europeos. Isto traduciuse nunha actitude belicosa e na decisión de emprender un rearme masivo, o que probablemente resultará en menos recursos para políticas sociais. Esta situación suscita moitas preguntas cuxas respostas terán repercusións significativas para o futuro dos europeos: Está Europa realmente en perigo? É necesario o aumento exponencial do orzamento de defensa que esixe a OTAN? Que influencia ten a actitude de Trump na seguridade europea? É necesario e viable organizar unha defensa europea autónoma e autosuficiente?
José Enrique de Ayala
Xeneral de Brigada retirado, membro do Consello de Seguridade e Defensa da Fundación Alternativas, do Consello Asesor do Observatorio de Política Exterior e do Consello de Asuntos Europeos.
Sobre o ciclo Tambores de guerra
Hai catro anos Rusia invade parte de Ucrania e iso fai que Europa volva vivir unha guerra dentro das súas fronteiras. En xaneiro de 2026, os Estados Unidos de Donald Trump atacan militarmente Venezuela e secuestran o seu presidente. Ademais, o presidente norteamericano desiste de manter o liderado do seu país na OTAN e a Unión Europea enfróntase ao dilema de avanzar no asunto permanentemente adiado da organización da súa estratexia de defensa. Fálase de investimentos nunca vistos para dotarse dun arsenal militar de disuasión e de aumentar as tropas, mesmo recuperando o servizo militar; de momento, nos primeiros países en promovelo, voluntario.
Colabora
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.