O mundo baixo o impacto de Trump:

unha visión desde a Unión Europea

Conferencia: "O mundo baixo o impacto de Trump: unha visión desde a Unión Europea"

Data
Xoves 5 de Marzo

Hora
[hora_evento_24h]

Lugar
Paraninfo IES Valle-Inclán

Intervén
Jesús Núñez Villaverde

Acceso
Acceso prioritario para ateneístas ata as 18:50 h, despois entrada libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra organiza a a conferencia “O mundo baixo o impacto de Trump: unha visión desde a Unión Europea” impartida polo economista Jesús Núñez Villaverde, dentro do ciclo Tambores de Guerra.

O acto terá lugar o vindeiro xoves 5 de marzo ás 19:00 horas, no Paraninfo do IES Valle-Inclán.

A entrada é libre ata completar capacidade.

O mundo baixo o impacto de Trump: unha visión desde a Unión Europea

O regreso de Donald Trump está a acelerar o colapso da orde internacional vixente, mostrando abertamente a disfuncionalidade do marco institucional e normativo creado desde o final da II Guerra Mundial. Así mesmo, a proliferación de conflitos violentos e a competencia entre Estados Unidos e China pola hexemonía planetaria non fai máis que incrementar a inquietude e a incerteza a escala global.

A Unión Europea pugna neste escenario por atopar o seu lugar, enfrontado a unha dobre ameaza (Rusia e EE UU) e lonxe aínda de lograr a súa autonomía estratéxica.

Jesús Núñez Villaverde

Economista pola Universidade Autónoma de Madrid e militar retirado (comandante na reserva), é codirector do Instituto de Estudos sobre Conflitos e Acción Humanitaria e especialista en temas de seguridade, construción da paz e prevención de conflitos.

Sobre o ciclo Tambores de guerra

Hai catro anos Rusia invade parte de Ucrania e iso fai que Europa volva vivir unha guerra dentro das súas fronteiras. En xaneiro de 2026, os Estados Unidos de Donald Trump atacan militarmente Venezuela e secuestran o seu presidente. Ademais, o presidente norteamericano desiste de manter o liderado do seu país na OTAN e a Unión Europea enfróntase ao dilema de avanzar no asunto permanentemente adiado da organización da súa estratexia de defensa. Fálase de investimentos nunca vistos para dotarse dun arsenal militar de disuasión e de aumentar as tropas, mesmo recuperando o servizo militar; de momento, nos primeiros países en promovelo, voluntario.

Colabora

IES Valle-Inclán
 

Síguenos nas nosas redes: