
Data
Mércores 4 de Novembro
Hora
19:00 h
Lugar
Salón actos, Edificio Administrativo, Xunta de Galicia (rúa Benito Corbal)
Intervén
Acceso
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra organiza o relatorio Gaza, un xenocidio televisado, do médico Mohamed Safa.
O acto terá lugar o vindeiro mércores 4 de novembro ás 19:00 horas no salón de actos do Edificio Administrativo da Xunta de Galicia (rúa Benito Corbal).
A entrada é libre ata completar capacidade.
Gaza, un xenocidio televisado
Co título do seu libro máis recente (deste 2026, con edición tanto en galego coma en castelán), o relatorio centrarao Safa na devastación de Gaza, na súa transmisión en directo e nas responsabilidades políticas, xurídicas e morais da comunidade internacional ante esta traxedia.
Con anterioridade, Safa publicou os ensaios Palestina: grito por la libertad (Ediciós do Castro, 2003), La revolución árabe: democracia, nacionalismo y religión (Hoja de Lata, 2017) e mais La segunda Nakba: el proceso de paz (Utopía Libros, 2021).
Mohamed Safa
Naceu en Cisxordania, territorio palestino ocupado polo Estado de Israel desde 1967, e é médico oftalmólogo de profesión. Ao longo da súa traxectoria impulsou numerosas causas en defensa do pobo palestino e de refutación das narrativas impostas por sectores sionistas e pola ultradereita internacional.
Colabora
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.