Visita cultural a Porto (Fundación Serralves)

Data
Venres 23 de Outubro

Saída
9:00 h

Lugar
Praza de Galicia (xunto ao Hiperxel)

Chegada
21:30 h

Prezo
socios: 60 € | non socios: 70 €

Ateneo Viaxeiro

O Ateneo de Pontevedra organiza unha visita cultural co seguinte programa:

10:00 (hora portuguesa) Chegada á Fundación Serralves

→ Visita guiada ás exposicións:
Frank Gehry  e Jenny Holzer

13:30 (hora portuguesa) Xantar (buffet, no restaurante da Fundación)

→ Paseo polos xardíns (onde hai unha exposición de esculturas) e percorrido polo paseo elevado.

16:30 (hora portuguesa) Saída cara Ponte de Lima, con tempo libre para pasear ou tomar un café.

19.00 (hora portuguesa) Saída para Pontevedra.

21:30 (hora española) Chegada a Pontevedra.

N. B. Buscaríamos alternativa a Ponte de Lima, no caso de mal tempo.

Inscricións

As persoas que desexen inscribirse, poden facelo a través do correo electrónico info@ateneodepontevedra.gal ata o xoves 15 de outubro, indicando nome, apelidos, DNI, data de nacemento (para o seguro) e teléfono de contacto.

Unha vez recibida e procesada a solicitude enviaremos un correo de confirmación da inscrición.

Síguenos nas nosas redes: