
Data
Mércores 25 de Marzo
Hora
[hora_evento_24h]
Lugar
Casa das Campás
Interveñen
Marisa Vidal Collazo e Pilar Wirtz Molezún
Acceso
Entrada libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra organiza a a conferencia “Engracia Vidal Estévez. Cristiá, galega e feminista“, impartida por Marisa Vidal Collazo (profesora do IES Torrente Ballester e teóloga feminista) e Pilar Wirtz Molezún (Relixiosa da Compañía de María, amiga de Engracia e teóloga), dentro do ciclo Figuras Pontevedresas.
O acto terá lugar o vindeiro mércores 25 de marzo ás 19:00 horas, na Casa das Campás.
A entrada é libre ata completar capacidade.
Engracia Vidal
Licenciada en historia e diplomada en teoloxía, foi relixiosa do Sagrado Corazón e directora do Colexio de Praceres. Despois de deixar os hábitos foi profesora no IES A Xunqueira de Pontevedra. Animou a formación de Revista Encrucillada, da que foi Secretaria da Mesa de Redacción entre 1974 e 2003. Mantívose moi activa impartindo charlas e publicando artigos na prensa, en Encrucillada e na revista Irimia. Participou na posta en marcha da Asociación Mulleres Cristiás Galegas Exeria en 1996, formando parte do equipo coordinador. É autora do primeiro libro de teoloxía feminista en galego: Por unha Igrexa tamén feminina, (Ed. Encrucillada, 2000) Foi voceira de Mulleres Cristiás Galegas Exeria na Concellaría da Muller do Concello de Pontevedra, participando activamente nos inicios da Marcha Mundial das Mulleres na nosa cidade.
Sobre o ciclo Figuras Pontevedresas
Ao longo de 2026 convócase a memoria de persoas que, tras a súa desaparición, e por distintos motivos, deixaron unha pegada importante na memoria da cidade. O seu rescate correrá a cargo, segundo os casos, de discípulos, familiares ou persoas que os coñeceron ben ou os converteron en materia de estudo.
Colabora
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies oara almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.