
Data
Luns 21 de Setembro
Hora
19:00 h
Lugar
Libraría Metáfora
Interveñen
Alejandro Pedregosa e Ramón Rozas
Prezo
Acceso libre ata completar capacidade

O Ateneo de Pontevedra e a editorial Kalandraka organizan un encontro co escritor Alejandro Pedregosa.
O acto, no que intervirán o xornalista Ramón Rozas e Alejandro Pedregosa, terá lugar o vindeiro luns 21 de setembro ás 19:00 horas, na Libraría Metáfora.
A entrada é libre ata completar capacidade.
O encontro
O encontro en Pontevedra, en conversa co xornalista Ramón Rozas, centrarase nomeadamente nos seus libros “Comadrejas” (novela) e “Lo que sé de Whitney Houston” (poemario), ambos aparecidos en Cuatro Lunas, un selo da editorial pontevedresa Kalandraka, que colabora na organización do evento.
Alejandro Pedregosa
Nado en Granada (1974), conta cunha longa traxectoria como escritor, que abrangue a poesía, a novela e o conto, e foi recoñecida con premios como o Andalucía da Crítica.
Colabora
Para proporcionar unha mellor experiencia, empregamos cookies para almacenar e/ou acceder á información dos dispositivos.
A aceptación do emprego de cookies permitiranos procesar a información do buscador e IDs únicas neste sitio.
Denegar o emprego das cookies pode afectar ao funciocamento dalgunhas funcións.